Solvay et Compagnie
Solvay et Compagnie
Sociedade industrial belga de produtos químicos fundada en 1863 por E. Solvay, con sede en Bruxelas. Foi unha das principais sociedades do sector e en 1920 participou na constitución do cártel internacional da sosa, xunto con dúas empresas británicas, feito polo que a súa notable expansión internacional quedou circunscrita ao centro e S de Europa, ata que durante a Segunda Guerra Mundial se instalou en Brasil e penetrou no mercado estadounidense.