"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado italiano (1889-1960) de África Norteoriental. En 1960 acadou a independencia e formou, xunto coa Somalia Británica, o estado de Somalia.
-
PERSOEIRO
Ciclista. Gañou o Tour de Francia (2000, 2001 e 2003) e o Giro de Italia (1999 e 2000), e proclamouse campioa do mundo contrarreloxo no Mundial de Hamilton en 2003, e subcampiona no Mundial de Madrid en 2005. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996), Sydney (2000) e Atenas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrado. Foi avogado, procurador xeral e rexedor da Coruña. Foi deputado pola Coruña na Xunta do Reino celebrada en 1800, un dos fundadores da Academia de Agricultura e un dos membros da Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia (1808). Analizou o atraso económico de Galicia. Escribiu Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar, fillo de Antonio Somoza. Coñecido como Tachito Somoza, foi presidente da república de Nicaragua (1967-1972 e 1974-1979). O seu réxime enfrontouse cunha oposición crecente, representada sobre todo polo Frente Sandinista de Liberación Nacional, que o derrotou.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e rendista. A súa familia dominaba as terras de Sarria. Foi deputado pola provincia de Lugo (1843) e polo distrito de Sarria (1846-1854, 1857-1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político nicaraguano. Coñecido como Tacho Somoza, participou na revolución liberal de 1925. Comandante en xefe da garda nacional (1932), dirixiu a represión contra a guerrilla sandinista (1934). Dirixiu un golpe de estado contra o goberno de Sacasa (1937) e converteuse en presidente da República. Implantou unha ditadura reaccionaria e familiar, que continuou en mans dos seus descendentes. Sucedeuno o seu fillo Luis Somoza Debayle (1922-1967), presidente da república ata 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca (3.939 km2; 253.249 h [estim 2001]). A súa capital é Åbenrå (21.998 h [estim 2001]).
-
-
Relativo ou pertencente a Terra de Soneira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Terra de Soneira.
-
-
PERSOEIRO
Político e militar tailandés. Oficial do exército, participou no golpe de estado conservador de 1932. En 1938 asumiu o poder e implantou unha ditadura dereitista e nacionalista. Destituído (1945), volveu ao poder mediante un golpe de forza (1948-1957), apoiou aos franceses durante a guerra de Indochina, e desde 1955 intentou liberalizar o seu réxime. Derrotado por un golpe de estado (1957), retirouse a Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e realizadora cinematográfica. Cofundadora do Parlamento Internacional de Escritores (1993), caracterizouse por un forte intelectualismo e dedicouse sobre todo ao ensaio crítico. Destacan os libros Against Interpretation (1966), Under the
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao instrumento de son máis agudo que o soprano dentro dunha familia de instrumentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantante castrado que presenta a tesitura de voz dun soprano.
-
-
oz humana, sobre todo feminina (a do neno chámase preferentemente tiple e a do home sopranista), de tesitura máis aguda. Distínguense as voces de soprano pola calidade do seu rexistro ou timbre en dramáticas, líricas, lixeiras ou de axilidade ou de coloratura.
-
Persoa, polo xeral muller, que ten voz de soprano.
-
Aplícase ao instrumento de son máis agudo dentro dunha familia de instrumentos, se ben ás veces existe aínda o sopranino.
-
-
PERSOEIRO
Médico grego. Estudou en Alexandría e exerceu en Roma. Foi un dos representantes máis importantes da escola metódica e fundou a xinecoloxía e a obstetricia científicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bandas de absorción, características dos citocromos, que aparecen na zona do espectro visible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Sorga (A Bola). Fundárono no s X Placencio e a súa dona Adosinda. En 949 o Rei Ramiro II converteuno en priorado de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (9.008 km2; 84.563h [2004]). A súa capital é Mercedes (42.032 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Soria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Soria.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Ingresou no partido republicano despois de 1898 e fundou a revista Vida Nueva. Amigo de Blasco Ibáñez desde 1893, trasladouse a València (1898?) e colaborou con el en tarefas políticas. En 1903 rompeu con Blasco e encabezou o sorianismo. Foi deputado por València (1901-1909) e Madrid (1911), e en 1933 por Izquierda Federal. Foi embaixador en Chile ata 1939.
VER O DETALLE DO TERMO