Somoza, Anastasio

Somoza, Anastasio

Militar e político nicaraguano. Coñecido como Tacho Somoza, participou na revolución liberal de 1925. Comandante en xefe da garda nacional (1932), dirixiu a represión contra a guerrilla sandinista (1934). Dirixiu un golpe de estado contra o goberno de Sacasa (1937) e converteuse en presidente da República. Implantou unha ditadura reaccionaria e familiar, que continuou en mans dos seus descendentes. Sucedeuno o seu fillo Luis Somoza Debayle (1922-1967), presidente da república ata 1963.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Marcos

  • Deceso

    Lugar : Balboa, Panamá