"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Rigorosamente xeométrico, achegouse ao minimalismo. Rexeitou radicalmente a bidimensionalidade do cadro usando, moi frecuentemente, lenzos de forma triangular. As súas pinturas raiadas son dunha gran vivacidade cromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Introduciu o daguerrotipo en Alemaña, xunto co seu socio Hermann Biow (1810-1850). En 1842 retrataron as ruínas do distrito de Alster (Hamburgo) despois dun incendio de tres días, o que supuxo a primeira reportaxe fotográfica da historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e deseñadora rusa. Traballou na escola de arte de Kazan’, onde coñeceu a A. Rodčenko, con quen casou. En 1921 participou na exposición 5×2:25, que declarou morta a pintura de cabalete. Deseñou tecidos, fixo escenografías e traballou en publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno cúmulo de galaxias da constelación de Pegaso. Está composto por cinco galaxias de grandes dimensións, das que dúas son elípticas, dúas espirais regulares e a quinta unha espiral cerrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemán. De nome Marie Catherine Sophie de Flavigny, condesa de Agoult, escribiu novelas e escritos políticos de signo republicano como Lettres républicaines (1848) e Esquisses morales e politiques (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras alemán. Foi un dos principais creadores da hallenkirche. Destaca a igrexa de Sankt Martin de Landshut, realizada totalmente en ladrillo, prototipo do gótico flamíxero alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicofisiólogo estadounidense. Especializado no campo da psicofísica, foi autor da teoría psicofísica que leva o seu nome, que se funda na apreciación cuantitativa directa da intensidade da estimulación que permite establecer escalas de relación ou subxectivas, en oposición ás escalas da psicofísica de G.T. Fechner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático holandés. Foi profesor en Toulouse e estudou as series, a teoría dos números e, sobre todo, as integrais (definiu o concepto de integral que leva o seu nome).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e músico folk bretón. Interesouse pola música tradicional celta e deuna a coñecer cos instrumentos xenuínos. A partir de 1970 actuou cun conxunto instrumental con instrumentos antigos, como a arpa celta, e outros propios da música rock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Keanth, Inglaterra 1165 - Bordeos 1265) Relixioso. Eremita, foi sexto xeneral (1245) e conseguiu de Inocencio IV a aprobación da orde carmelitana dentro dos mendicantes. O seu nome está moi ligado á devoción do escapulario, froito dunhas aparicións que aconteceron en 1245. A súa festividade celébrase o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. Deputado e fundador da Unión Radical, foi ministro de Finanzas (1922-1926 e 1934) e primeiro ministro de Iugoslavia (1935-1938). Practicou unha política de aproximación aos países do Eixe e asinou tratados con Italia (1937) e Alemaña (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político búlgaro. Evolucionou desde o simbolismo, con obras como Mec i Slovo (A espada e a palabra, 1917), Sv’ataja sv’atykh (Sancta Sanctorum, 1922), ao realismo, despois da Revolución de Outubro, en Miloserdije Marsa (A misericordia de Marta, 1923) e ao pacifismo en Bič božij (O azoute de Deus, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Formado en Londres e en Oxford, naturalizouse estadounidense. Dirixiu a orquestra de Philadelphia (1912-1936), a NBC Symphony Orchestra (1941-1944), a Orquestra Filharmónica de Nova York (1949-1950) e compuxo numerosas bandas sonoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu cancións patrióticas e de lírica amorosa, ademais de traducións do grego (Sophokles, 1787) e do latín. Co seu irmán Friedrich Leopold Stolberg-Stolberg (Bramstedt 1750- Castelo de Sondermühlen, preto de Osnabrück 1819) compuxo os Vaterländische Gedichte (Poemas patrióticos, 1820) e formou parte do grupo Göttinger Hain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de política económica que pretende corrixir certos desequilibrios internos da economía dun país, como a inflación, mediante unha contracción no ritmo de crecemento seguida dunha nova reactivación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. A súa poesía caracterízase por un acentuado lirismo; destaca Gedichte (Poemas, 1852). Cultivou tamén a novela como Immensee (O lago Immen, 1852) ou Die Söhne des Senators (Os fillos do senador, 1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Irlanda do Norte (862 km2 ; 38.248 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos de corda. Coñecido tamén co nome latinizado de Stradivarius, foi discípulo de Nicolò Amati ata 1680. Axudado polos seus fillos Francesco Stradivari (1671-1743) e Omobono Stradivari (1679-1742), puido ser autor de máis de 500 exemplares de violín, dunha sonoridade excepcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heraldista e xenealoxista alemán. Fundou a xenealoxía científica, da que ampliou os límites e o campo de acción, ata daquela pechados na nobiliaria. En Ahnentafelatlas (1898-1904), deu os trinta e dous cuarteis dos xefes das casas soberanas de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO