"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

  • Xeneralización natural da sumabilidade usual das series que se define ao considerar a sucesión das medias aritméticas das sumas parciais. Calquera serie converxente no sentido usual é sumable no sentido de Cesaro; pero, ademais, moitas series diverxentes no sentido usual son sumables no sentido de Cesaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito sen importancia dirixido a unha persoa para rirse dela.

    2. Persoa que anda dun lado para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Puebla, México, ao L do volcán Popocatépetl (26.625 h). A economía baséase na agricultura (millo e trigo) e na gandería. Da época precolombina quedan as ruínas dunha pirámide monumental (62 m), actualmente convertida nun outeiro artificial onde se sitúa a igrexa de Los Remedios (s XIX). Probablemente coroaba un templo en Quetzalcoatl, destruído en 1519 por Hernán Cortés durante a acción de Cholula, na que tivo lugar unha cruel matanza de indíxenas. Destaca tamén a cerámica, polícroma e pulimentada, e a ourivería. Da época colonial consérvanse numerosas igrexas, entre as que sobresaen o mosteiro de San Gabriel coa Capilla Real que posúe pequenas cúpulas, San Pedrito Colomoxco e a cercana San Francisco Acatepec.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Síntese de derivados da piridina por condensación de compostos carbonílicos con amoníaco ou aminas, nunha autoclave: A reacción é reversible e produce diferentes derivados da piridina e diversos subprodutos. Descubriuna en 1906 o químico ruso Eugenivic Čičibabin (1871-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi coordinador de edicións literarias e dicionarios en Edicións Xerais de Galicia, onde creou e dirixiu a colección Ferros. Creou a tendencia literaria denominada evidencialismo, definida na práctica a través da súa prosa dende 1990, ano do primeiro texto evidencialista, “Extenuación”, incluído no libro Oralmente pola boca (1997). Da súa produción destacan, ademais, O intercepto (1986), Foumán (Premio Café de Catro a Catro de novela curta, 1987), O camiño de Middelharnis (1988), Días contados (Premio Cidade de Lugo, 1991), Panificadora (Premio Blanco Amor, 1994), Grupo abeliano (Premio Blanco Amor, 1999). No eido teatral é autor da obra Copenhague, en colaboración con Andrés Álvarez Vila, obra gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro en 1992 e estreada en 1995 pola compañía Uvegá Teatro, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Presentada como “comedia evidencialista”, corrente literaria que propugna facer visible o evidente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido sintético no que o radical glicídico é unha arabinosa (isómero da ribosa). Actúa na síntese de ADN, inhibindo o enzima ADN-polimerasa. En medicina emprégase como antineoplásico e antivírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de leis e editos auspiciada por Hammurabi, monarca da primeira dinastía de Babilonia (1793-1750 a C). Constitúe o primeiro código coñecido da historia, do que se conservan 282 artigos, estruturados en tres partes seguindo as tradicións lexislativas sumerias e acadias: un prólogo, o corpo legal e o epílogo. Comeza cunha explicación dos códigos relixiosos de Asiria e Babilonia e logo presenta unha guía de procedementos legais, a imposición de penas por acusacións inxustificadas, o falso testemuño e os erros xudiciais. Recolle tamén disposicións sobre o dereito de propiedade, préstamos, depósitos, débedas, propiedade doméstica e dereitos familiares, e regula os prezos de diferentes tipos de servicios comerciais. Presenta como base do dereito penal a Lei de Talión, común entre os pobos semitas. Unha das funcións primordiais era proporcionarlles protección a todas as clases sociais babilónicas, fundamentalmente aos pobres e aos escravos contra a inxustiza dos ricos e poderosos. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cohabitar.

    2. Obriga xurídica nacida da natureza do matrimonio e que se constitúe sobre o feito de que os dous membros da parella vivan nunha mesma casa e nun mesmo leito. A imposibilidade de cohabitar produce unha presunción contra a paternidade.

    3. Situación na que formacións políticas de tendencias opostas comparten distintas instancias do poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cohabita. Ex: Os cohabitantes da casa non se levan moi ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habitar con alguén na mesma vivenda.

    2. Facer vida matrimonial.

    3. Compartir o poder político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura derivada da antítese, que consiste na fusión ou na convivencia de elementos contrarios dentro dun mesmo suxeito. Adoita seguir o esquema de “nin A nin B” ou “A e B”. Non se rexistra na retórica clásica, senón que aparece formulada nas preceptivas renacentistas. Emprégase a miúdo para reflectir as contradicións do individuo nas esferas amorosa ou moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de condensable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de conmensurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de conmutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sabe porque se nomeou con anterioridade, porque se repetiu máis veces ou porque é habitual nun contexto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade que consiste en levar as contas dunha xestión, dun negocio, da administración dunha empresa ou doutra entidade.

    2. Conxunto de contas dunha empresa, sociedade ou organismo público, levadas segundo un plan.

    3. Rama particular da economía formada por un conxunto de postulados, proposicións e leis que teñen por obxecto a captación, a representación e a medida do patrimonio. Á función financeira sumáronselle funcións xurídicas e fiscais. Os bens e mais os dereitos constitúen o activo patrimonial; o pasivo patrimonial está formado polas obrigacións, e a diferencia entre eles é o neto patrimonial. Todo feito contable implica unha dobre anotación, de maneira que a suma de cantidades debedoras sexa igual ás acredoras. A contabilidade xeral é a que rexistra os movementos de valores da actividade da empresa e contribúe a determinar o balance e a conta de resultados; o primeiro paso é o de establecer a identidade entre o total de bens dispoñibles pola empresa e a suma das súas obrigacións cara aos propietarios e terceiros (activo - pasivo = capital); finalmente, faise un novo balance xeral, trasladando as perdas e as ganancias das outras contas á conta de resultados; é o balance xeral clasificado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de contabilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de continuable.

    VER O DETALLE DO TERMO