cohabitatio*
cohabitatio*
s
f
[LIT]
Figura derivada da antítese, que consiste na fusión ou na convivencia de elementos contrarios dentro dun mesmo suxeito. Adoita seguir o esquema de “nin A nin B” ou “A e B”. Non se rexistra na retórica clásica, senón que aparece formulada nas preceptivas renacentistas. Emprégase a miúdo para reflectir as contradicións do individuo nas esferas amorosa ou moral.