"Alvar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 336.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1944 dirixiu a revista humorística La Codorniz. A súa produción novelística inclúese dentro dunha doada comicidade e intrascendencia que, malia todo, acadou a miúdo un consistente aire crítico. Das súas obras cómpre salientar La gallina de los huevos de plomo (1950), Mundo, demonio y pescado (1964), Novelas malhumoradas (1973) e El sobrino de Dios (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou e dirixiu o semanario La Comarca (1919) e colaborou na revista Nós. Participou activamente no Seminario de Estudos Galegos e publicou Ribadeo antiguo. Noticias y documentos (1933) e Dos mil nombres gallegos (1952). Na súa vila natal creouse unha agrupación cultural co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Entre 1924 e 1925 desempeñou o cargo de secretario político do conde de Valellano. En 1930 exerceu como catedrático de Historia en Noia, onde se distinguiu polas súas campañas a prol da galeguización do ensino universitario, así como polo labor de difusión e promoción cultural entre os máis novos, como mostra a publicación de Verbas aos mozos galegos. O momento universitario (1933). En 1932 fundou, xunto con outros galeguistas como Fermín Bouza-Brey, a organización xuvenil galeguista Ultreya que, a través de viaxes culturais, promovía o estudo e coñecemento dos costumes e do folclore galego. En 1933 creou a agrupación independentista Vanguarda Nacionalista Galega e en 1934 o boletín de cultura galega Alento. Tamén nestes anos foi director da Biblioteca de Estudios Gallegos. En 1936, baixo a súa dirección e a de Carlos Villar, editáronse trece pequenos libros didácticos, a colección “Renascencia”, nos que se trata a historia, a xeografía e a literatura galegas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e investigador. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, exerce a docencia de Ciencia Política e da Administración na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, e é autor dunha prolífica obra investigadora que abrangue temas como o nacionalismo, a organización territorial ou os sistemas electorais e políticos de Galicia. Da súa obra científica, publicada en parte en diversos países de Europa e Latinoamérica, cómpre citar O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo (1996), Territorio e democracia (1996), A Galicia irredenta (1998), Un modelo de organización territorial para Galicia (2000), Introdución ao sistema político español (2001), Portugal, a rexionalización imposible (2002), Galicia e Portugal: a fronteira esvaída (2002) e a biografía Alfredo Brañas. O precursor do nacionalismo político galego (2004). Recibiu o Premio de Humanidades e Ciencias Sociais da Deputación de Pontevedra, o Alexandre Bóveda e a insignia de ouro da UNED.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Emigrou a Cuba onde rexentou a cátedra de Dereito Canónico e ingresou na carreira xudicial. Volveu a España e en1886 foi elixido deputado polo distrito de Padrón e continuou representando distintas circunscricións galegas ata 1902. Foi director xeral do Contencioso (1898), da Administración (1905) e de Correos e Telégrafos (1907). Nomeado subsecretario de Gracia e Xustiza (1909) posteriormente foi deputado por Madrid en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor cómico e caricaturista. Coñecido como Tabarra, foi un dos fundadores do semanario compostelán Café con gotas e colaborou en xornais satíricos, como Barcelona Cómica e La Saeta. Autor do diálogo El Poeta y Orense, foi premiado polo xornal El Liberal en 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Fundou a revista Blanco y Negro en 1891, na que incorporou as últimas novidades técnicas para a prensa gráfica, e en 1903 o xornal ABC. En 1909 creou o grupo Prensa Española. Moi ligado á monarquía e aos sectores máis conservadores do país, foi deputado nas Cortes (1893) e senador (1903). Foi condecorado coas grandes cruces de Isabel la Católica e Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario xeral da universidade (1961-1968), vicerrector (1968-1974) e reitor (1974-1975). Concelleiro e primeiro tenente de alcalde no concello de Santiago de Compostela (1955-1961), foi deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente da Caja de Ahorros de Galicia. Escribiu El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza (1951), La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro (1958), El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media (1981), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995), El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media (1996) e El Archivo del Monasterio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro dunha ilustre familia de servidores reais, foi designado paxe do Rei Xoán II en 1410. Dirixiu o partido monárquico, oposto á oligarquía nobiliaria castelá e aos infantes de Aragón, desde 1420 e en 1422 foi nomeado condestable do reino. Asumiu a representación dun poder real forte e centralizado, aliado coa burguesía urbana, e enfrontado coa oligarquía castelá e os infantes de Aragón. O seu autoritarismo orixinou o descontento dos nobres casteláns cara ao privado e, aliados cos infantes de Aragón e con Xoán de Navarra, conseguiron desterralo a Escalona (1439). Recobrado polo rei, derrotou a coalición nobiliaria en Olmedo (1445), pero o seu poder foi minguando e, finalmente, foi acusado de traición, xulgado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de bádminton. Foi presidente da Federación Galega de Bádminton e secretario da Federación Galega de Tenis. Foi subcampión de España de bádminton de veteranos e campión de dobres e mixtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información na Universidad de Navarra. Iniciou o seu labor periodístico en La Noche e despois na emisora La Voz de Vigo. Foi director de La Voz de Extremadura e La Voz de Guipúzcoa (1963-1969). En 1979 ingresou na axencia EFE para a que foi delegado en Montevideo, Santiago de Chile e Santiago de Compostela, e rematou a súa carreira como director en El Ideal Gallego. Publicou El hijo del emigrante (2000) e   Colmeiro, Laxeiro, Torres: tres pintores históricos de Pontevedra (2001). Recibiu o Premio Nacional Virgen del Carmen (1972), o Premio Nacional de Periodismo Turístico (1991), Premio Periodismo de Arte (1999) e a Medalla de Bronce de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perverter algo ou a alguén alterando o seu estado natural.

    2. Non chegar algo ou alguén ao seu grao natural de desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que está poboado de malvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido galego que se asentou en Salcedo, Pontevedra, e na provincia de Ourense. Presenta a variante Malvido.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un ramo de malvas de sinople, superada dun crecente de azul, e arrimado de dúas estrelas do mesmo, as tres figuras colocadas en faixa, en xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Bos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Relixioso franciscano, á fronte da diocese de Bos Aires colaborou na fundación de novas poboacións e no sometemento da revolta de Túpac Amaru. Volveu á Península Ibérica como arcebispo de Santiago de Compostela, onde patrocinou importantes construcións e dotou a cidade dunha vía que a uniu con Pontesampaio, e pretendía unila co mar mediante un canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aníbal Calvo Malvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, de ata 2 m de altura, cuberta dun tomento gris, de talo recto, follas dentadas, ovado-triangulares e flores rosa ou lila pálido.

    2. Planta herbácea perenne, de ata 180 cm de altura, pubescente, de follas palmatilobuladas e de flores rosas. Crece espontaneamente e cultívase en xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.

    VER O DETALLE DO TERMO