"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo e historiador. En 1924 fundou a Escola Blanquerna (1924-1939), onde experimentou os métodos da escola activa, que recolleu na obra Mesura objectiva del treball escolar (1928). Foi nomeado secretario xeral do Consell de Cultura da Generalitat de Catalunya, e, despois de xullo de 1936, confióuselle o negociado da lingua catalá e, máis tarde, a cátedra de metodoloxía do ensino de lingua na Universitat de Barcelona. Despois de estar exiliado (1939-1943), volveu a Barcelona e dedicouse, sobre todo, á historia da cultura. Cómpre destacar as súas obras Per la llengua e per la escola (1931), Lliçons de llenguatge (1931) e Activitat i llibertat en educació (1932), e, en colaboración con Josepa Herrera, Introdució a la Gramàtica I e II (1935 e 1937), Una hipotètica revolta d’uns mestres hipotètics (1964) e Mirades al món actual (1967). Foi membro do Institut d’Estudis Catalans (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista, compositor e director de orquestra. Comezou unha carreira como concertista de violín por diversos países, e en 1895 saíu dende o porto de Vigo cara a Cuba, México e Arxentina. Estableceuse en Bos Aires e exerceu a docencia musical, compaxinada cos concertos por América e Europa, e creou o seu propio conservatorio. En 1925 instalouse en Francia e en 1933 definitivamente en Bos Aires, centrándose no ensino e na composición. Autor de música orquestral, de cámara, cancións, transcricións, himnos, pezas pianísticas e para violín, da súa produción destacan as suites para piano Aires gallegos e Nuevos aires gallegos, a ópera Amor vedado, a sinfonía En las montañas de Galicia, o poema sinfónico Crepúsculo en la Alhambra, a peza para orquestra e corda Impresión nocturna, a canción para piano Rosa de abril, inspirada no poema de Rosalía de Castro, e o Himno al centenario de la Independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou no Batallón Literario (1810) e nas campañas contra os independentistas en América Latina e Filipinas. Elixido deputado por Lugo (1836), foi nomeado de xeito interino ministro de Guerra e de Marina. Ascendeu a tenente xeneral en agosto de 1836 e volveu a Filipinas, onde desempeñou as funcións de gobernador, capitán xeneral e presidente da Audiencia. Elixido senador por València (1839), foi ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar (1841-1842) e capitán xeneral de Galicia (1843). Dende 1853 foi conselleiro de goberno do Banco Español de San Fernando. Entre outras obras publicou: Memorias para la historia de las armas españolas en el Perú (1842). Concedéronlle as grandes cruces de San Hermenegildo e San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Coñecido como Corpus Barga, sobresaíu no ensaio de tipo xornalístico. Exiliado en 1939, escribiu Los pasos contados (1963-1967) e Los galgos verdugos (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Coñecido como Andrés Colombo, foi militante de Izquierda Comunista e dirixente do Sindicato de Oficios Varios (UGT) de Padrón durante a Segunda República. Antes da Guerra Civil colaborou cos seus deseños no xornal El Pueblo Gallego e na revista madrileña Nosotros. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao termo da Guerra Civil pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en 1945. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está, entre outros, no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Traballou en Salamanca dende 1729, onde continuou as obras iniciadas por Alberto Churriguera e outros. Dirixiu a construción do patio do colexio da Clerecía dende 1745, ano no que comezou a capela da Orden Tercera. Trazou e dirixiu a construción das torres da Clerecía (1750) e nos anos cincuenta comezou as obras da casa do concello de Salamanca, que continuou o seu irmán Jerónimo García de Quiñones. Regresou a Santiago de Compostela en 1760. Foi autor do Arquivo Xeral do Reino de Galicia en Betanzos (1763). Realizou un recoñecemento da fachada da Acibechería da catedral de Santiago de Compostela (1764) e un proxecto para o pazo de Raxoi (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das publicacións Grial e Encrucillada, publicou Miro (1987), O globo máxico (Premio Barco de Vapor 1987), O deus desaparecido (1991), O segredo do novicio (1992), O lagarto Paco (1993) e O crocodilo na habitación (1994). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Debutou con Les cahiers d’André Walter (1891) e con outras obras que manifestan análises psicolóxicas e reflexións sobre o desexo e o amor. Da súa produción destaca Les nourritures terrestres (1897), Prométhée mal enchaîné (1899), Corydon (1911), Les caves du Vatican (1914), Symphonie pastorale (1919) e as obras dramáticas Roi Candaule (1901), Oedipe (1932), Thésée (1946) e Journal (1949-1953). Defendeu a liberdade individual, denunciou os excesos do colonialismo (Voyage au Congo, 1927) e criticou o conformismo (L’École des Femmes, 1929). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Participou no equipo español de Copa Galea, que gañou en 1956 e 1957, e no de Copa Davis (1958-1960). Profesional dende 1960 ata 1971, foi campión do mundo en 1966. Xogou as semifinais de Wimbledon (1970) e gañou o Roland Garros (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Traballou co grupo de bonecos e monicreques Tanxarina. Logo de colaborar no espectáculo Contaloucos (1998), participou no espectáculo do Centro Dramático Galego, A cacatúa verde (2001), e en diversas producións de Teatro do Morcego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Membro do grupo de Les nouveaux philosophes, centrou os seus intereses analíticos en cuestións como a violencia. Consideraba que a razón de ser da democracia é defenderse contra o mal e que só desde esta idea é posible resistirse á guerra. Das súas obras destacan Le discours de la guerre (1967), Strategie de la révolution (1968) e Dostoievski en Manhattan (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Tomou o nome de Andrea Palladio en honor de Palas Atenea (Pallade Atena). En Vicenza traballou con Gian Giorgio Trissino, o seu protector, que o levou a Roma, onde estudiou os tratados clásicos e os monumentos clásicos e da súa época. Regresou a Vicenza en 1546, onde construíu, entre outros, os palacios della Ragione e Chiericati, as vilas Capra, coñecida como La Rotonda (1550-1552), e Barbaro en Maser, as igrexas de San Giorgio Maggiore (1565-1580) e Il Redentore (1576-1592), amais do Teatro Olimpico, iniciado en 1580. Fixo unha interpretación dos modelos clásicos que creou unha escola, o palladianismo, e influíu no neoclasicismo. Escribiu Le antichità di Roma (1554) e o tratado teórico I quattro libri dell’architettura (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Participou na revista Atlántida con U. Lugrís, X. M. Labra, F. Mon e A. Abelenda, entre outros. Comezou a expoñer en 1954 na Coruña. As súas primeiras obras amosaron o coñecemento das linguaxes vangardistas pero, desde 1960, realizou unha obra máis persoal baseada na simplicidade temática, nas composicións equilibradas, a pintura grosa e empastada e unha sobria gama cromática. Foi un dos renovadores da visión da paisaxe galega ao representar a Galicia invernal. Realizou tamén bodegóns, caracterizados pola representación dun motivo sinxelo cunha simplicidade compositiva baseada na composición horizontal; retratos, nos que a figura se recorta sobre o fondo neutro; e debuxos, nos que experimentou con diversas técnicas, agás o carbón. Das súas obras destacan as series dedicadas aos montes (1960-1973?), entre outros, Montes do Eume, Serra da Faladoira, Seixo Branco e Montes da Pastoriza, e ás árbores (1973?-1977), entre outras, A Caldeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Coñecida co pseudónimo de Anna Andrejevna Akhmatova, adscribiuse ao movemento do acmeísmo. A súa lírica xira ao redor do amoroso e tamén escribiu poemas patrióticos. Publicou Vecer (1912), C’otki (1914) e Anno domini MCMXXI (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte francés de orixe ucraína. Especialista en arte da Antigüidade e da Alta Idade Media, realizou estudios de iconografías. Fundou a revista Cahiers Archéologiques. Das súas obras destacan La peinture byzantine (1954), Le premier art chrétien (1966) e Les voies de la création en iconographie chrétienne (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dux de Venecia (1523-1538). Elixido procurador de San Marcos (1502), combateu a Liga de Cambrai e foi feito prisioneiro en Brescia (1512). Destacou na defensa da cidade de Venecia polo que foi nomeado dux en 1523. A súa política caracterizouse por manter o equilibrio entre Francia e o Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático soviético. Embaixador en Washington (1943), participou nas conferencias de Yalta e Potsdam e foi delegado da URSS no Consello de Seguridade da ONU (1946-1948). Membro do Comité Central do PCUS desde 1956 e do Politburó en 1973, ocupou a carteira de Asuntos Exteriores entre 1957-1985 e a presidencia da URSS entre 1985-1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo alemán. Representante do teatro barroco, nas súas obras presenta a vitoria do home sobre o caos universal. É autor de Leo Armenius (1646), Catharina von Georgien, Cardenio und Celinde (1657) e Peter Squentz (1663).

    VER O DETALLE DO TERMO