García de la Riva, Andrés
Pintor e debuxante. Coñecido como Andrés Colombo, foi militante de Izquierda Comunista e dirixente do Sindicato de Oficios Varios (UGT) de Padrón durante a Segunda República. Antes da Guerra Civil colaborou cos seus deseños no xornal El Pueblo Gallego e na revista madrileña Nosotros. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao termo da Guerra Civil pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en 1945. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está, entre outros, no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : València -
Nacemento
Lugar : Pontecesures