"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Foi director do Theatre Royal en Crow Street e autor de óperas como Perseverance (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso dos Apeninos Ligures, a 472 m de altitude, utilizado polas vías de comunicación entre Xénova e o N de Italia e tamén polo ferrocarril (Xénova-Ronco Scrivia) por medio de dous túneles.
-
GALICIA
Pintor, deseñador, publicista e relacións públicas. Realizou estudios de arte, relacións públicas e publicidade. Expuxo en Oviedo, Gijón, Avilés, Santiago de Compostela e outras cidades españolas. Colaborou en La alfarería de Galicia (1983), A alfarería tradicional de Buño: carpeta de debuxos (1986) e A louza tradicional de Niñodaguia (1995). Foi membro fundador do padroado do Museo do Pobo Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Romántico conservador, escribiu a novela histórica Marco Visconti (1834), os contos rimados La fuggitiva (1815) e Ildegonda (1820), e o poema épico “I lombardi alla prima crociata” (1826), a partir do que G. Verdi compuxo unha ópera homónima estreada en 1843.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. Foi profesor en Vigo e catedrático de Debuxo no instituto de Pontevedra (1860-1866). Destacou no debuxo arqueolóxico. Foi autor de Menestra de tipos populares de Galicia copiados del natural e proxectou o Álbum Monumental y Artístico, en que recollía os debuxos dos monumentos galegos que publicara en La Ilustración Gallega y Asturiana e La Ilustración Española y Americana, e onde colaboraron, entre outros, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Indalecio Armesto. Realizou tamén retratos, pintura relixiosa e portadas para revistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade e porto da rexión de Caria (Asia Menor), actual Bodrum. Colonizada polos dorios (1000? a C) e dominada polos persas desde o s VI a C, foi conquistada por Alexandre o Grande no 333 a C e pertenceu á Liga Délica. Entrou en decadencia durante a época ptolemaica e do Imperio Romano. A cidade fíxose famosa cando o sátrapa Mausolo (377 a C-353 a C) construíu o famoso monumento funerario que leva o seu nome, o Mausoleo.
-
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Membro do consello directivo dos observatorios Hale ata 1957. En 1925 descubriu con Hubble a relación entre o desprazamento cara ao vermello e a magnitude das galaxias, que tivo aplicación na medida da distancia das galaxias. En 1956 publicou, xunto con N. U. Mayall e A. R. Sandage, un artigo onde aparece a velocidade radial de máis de 800 galaxias. Descubriu o cometa que leva o seu nome (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ibración da natureza do son, pero dunha frecuencia inferior á mínima audible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
infrasonoro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos infrasóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen invade.
-
PERSOEIRO
Pediatra. Iniciou os seus estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na de Madrid. Foi director da Escuela Nacional de Puericultura, xefe da sección de estudios biométricos-estatísticos do CSIC e director e fundador da Clínica Infantil de La Paz. Escribiu diversos artigos en revistas e libros, entre eles, Deshidratación en el Lactante (1955) ou Síndromes Pediátricos Dismorfogénicos (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tisiólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a maior parte da súa vida profesional en Venezuela, onde se exiliou por mor da Guerra Civil. Escribiu diversos artigos para revistas de divulgación científica relacionados coa tuberculose.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista italiano. A súa narrativa insírese nunha atmosfera barroca-surrealista, entre a fantasía e o humor. Da súa obra destacan La pietra lunare (1939), La spada (1942), Cancroregina (1950), Racconti impossibili (1966) e A caso (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade de Nafarroa, situada nos Pireneos Orientais, no val de Esteribar, á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. O enclave formouse ao redor de dous mosteiros consagrados a Santa María e San Agustín que despois pasaron a depender de Leyre. Foi cabeza do val de Estereibar. No s XI contaba cun hospital de peregrinos e chegou a ter dous atendidos polas confrarías de Santiago e San Blas. No s XII recibiu o foro dos francos, artesáns estranxeiros xeralmente franceses que realizaron a actual configuración urbana con casas aos dous lados do Camiño. En 1329 celebráronse as Cortes para recibir o xuramento de Filipe II de Évreux e Xoana II de Navarra. Destacan a igrexa de San Nicolás de Bari (s XIII), as ermidas de San Blas e de Santiago, e a ponte gótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está nunha situación de repouso ou descanso, libre de tensión.
-
Aplícase ao cabelo sen ondas nin bucles.
-
Que é menos inflexible e severo do que debería ser.
-
-
-
Que está carente de forzas ou vigor.
-
Que manifesta carencia de forzas ou vigor.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Chenlo (O Porriño). O seu cumio acada os 548 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Campobecerros (Castrelo do Val) e Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 954 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 681 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO