Larrasoaña

Larrasoaña

Localidade de Nafarroa, situada nos Pireneos Orientais, no val de Esteribar, á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. O enclave formouse ao redor de dous mosteiros consagrados a Santa María e San Agustín que despois pasaron a depender de Leyre. Foi cabeza do val de Estereibar. No s XI contaba cun hospital de peregrinos e chegou a ter dous atendidos polas confrarías de Santiago e San Blas. No s XII recibiu o foro dos francos, artesáns estranxeiros xeralmente franceses que realizaron a actual configuración urbana con casas aos dous lados do Camiño. En 1329 celebráronse as Cortes para recibir o xuramento de Filipe II de Évreux e Xoana II de Navarra. Destacan a igrexa de San Nicolás de Bari (s XIII), as ermidas de San Blas e de Santiago, e a ponte gótica.