"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • Aplícase ao ovo con segmentación total e igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á holofrase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor de Cancionero (1874), Refranes glosados (1915-1916) e dunhas Relaciones sobre a historia de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina contraria á veneración das imaxes ou iconas, que dominou o mundo bizantino entre os ss VIII e IX. A controversia xurdiu do edicto do Emperador León III contra as imaxes (725). Os defensores das imaxes, entre eles Xoán Damasceno, foron obxecto de persecución. O Papa Gregorio III condenou o emperador (731). Constantino V Coprónimo convocou un concilio iconoclasta no palacio de Hieria. A rexencia da Emperatriz Irea facilitou a celebración do Concilio II de Nicea (787) que restableceu o culto das iconas. Un novo período iconoclasta comezou con León V o Armenio (813). Finalmente, durante a rexencia de Teodora, celebrouse definitivamente o triunfo das iconas coa festa da Ortodoxia, o primeiro domingo da Coresma de 843, festa que perdura no rito bizantino. A cuestión da iconoclastia contribuíu á separación progresiva do cristianismo de Oriente e do Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á iconoclastia ou aos iconoclastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura dunha zona metamórfica onde os grans presentan unha forma cristalina perfectamente desenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor liberal. Formouse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, en Santiago de Compostela (1810-1812). Estableceuse na Coruña a partir de 1812. Por mor da súa ideoloxía política pasou un tempo no cárcere e desterrado. En 1840 estableceu parte da súa imprenta en Vigo. Fundou e dirixiu varios periódicos, como El Diario Constitucional (1820), El Correo de Galicia (1833), El Papel Volante (1836), El Conciso Correo de Galicia (1837) e Boletín de Noticias (1838). Á súa morte, legou a súa prensa ao Hospicio da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica pola que se crea una nova vexiga partindo dunha parte do intestino delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (121 h [2001]). O Puente Fitero comunícao con Itero de la Vega (Palencia). Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de San Nicolás, que pertenceu a un hospital do s XIII, e a torre do s XIV, de planta cadrada e sen ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política constituída en España en 1882 por liberais opostos á política moderada de Práxedes Mateo Sagasta, dos que destacan a F. Serrano e U. Montero Ríos. En 1892 retornou ao Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista. Preocupado polo existencialismo e cunha depurada técnica narrativa, é autor de diversas obras en catalán e castelán, como Camins de nit (1935), Tino Costa (1947), Sobre las piedras grises (Premio Nadal 1948) e Los hombres de la tierra y el mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Formouse na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Traballou como actor e director en diversos colectivos, ata orientar a súa carreira profesional cara á realización de espectáculos para cine, televisión e teatro, ao tempo que iniciou a súa andaina como dramaturgo. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Hay que deshacer la casa (1983), Sólo, sólo para mujeres (1993), Trato carnal (1995), Ausencias (1994) ou Contracuerpo (1996). A súa obra ten unha orientación clásica, na que a crítica de costumes se presenta a través de comedias solidamente construídas. En 1983 recibiu o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Segunda das familias musulmanas que gobernaron o sultanato de Delhi. De orixe turca, reinou de 1290 a 1320. ‘Alā’ al-Dīn Mu ḥ ammad (1296-1315) converteu o sultanato na primeira potencia de India e repeleu os mongois. Tralo asasinato de Qu ṭ b al-Dīn Mubārak Shāh (1316-1320), a dinastía tuglúquida asumiu o poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade da provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. É a última localidade do Camiño da provincia de León, antes de entrar na provincia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Educado polos solitarios nas pequenas escolas de Port-Royal, colaborou en moitos escritos dalgúns dos seus mestres. Destacan as obras Histoire des empereurs et des autres princes qui ont regné durant les six premiers siècles de l’Eglise (1691-1738) e Mémoires pour servir à l’histoire ecclésiastique des six premiers siècles (1693 - 1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar e mariscal francés, marqués de Vauban. En 1678 foi nomeado por Luís XIV comisario xeral de fortificacións e encargado da defensa das fronteiras. Construíu fortalezas, perfeccionou o armamento e dirixiu diversos sitios. Publicou Projet d’une dime royale, onde defendía a igualdade fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas que están constituídas por minerais de hábito laminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos leucoblastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á leucoplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘capador’.

    VER O DETALLE DO TERMO