"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • Antropónimo procedente do xermánico Baldomar (nome composto de bald ‘audaz’ e mers ‘ilustre, brillante, famoso’) ou de Baldmiru ‘protector valente’. A forma hipocorística deste nome é Mero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Galo de orixe e ferreiro de profesión como o seu contemporáneo santo Eloi, abandonou o seu oficio tras recibir a chamada divina e foi ordenado subdiácono. As coincidencias que mantén con santo Eloi fixeron que, moitas veces, as súas advocacións e padroados se confundisen. A festividade de san Baldomero celébrase o 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou palabra de humillación ou desprezo. SIN: afronta, aldraxe, inxuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira, de ferro, etc, que xirando sobre un eixe, encaixa nun nariz e serve para fixar unha porta, unha fiestra, etc. Pola súa forma distínguense os ferrollos planos, os de gancho ou corchete e os chamados de nariz de porco, que encaixan nun nariz formado por un plano inclinado para que as portas se pechen de golpe.

    2. Tapón de madeira ou cortiza que se lles pon ás pipas do viño para que non saia o líquido.

    3. Pao que vai colocado na parte dianteira do carro para que este non caia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bandón. As súas armas levan, en campo de goles, un baldón para as pipas do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza plana de cerámica ou terrazo utilizada para pavimentar os solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista. Influenciado por Filippo Lippi e Domenico Venziano, realizou unha pintura refinada que fai presentir a Botticelli. Colaborou con Piero della Francesca e Andrea del Castagno nos frescos perdidos da capela maior de San Exidio. Da súa produción artística salientan a Madonna do Musée du Louvre (París) e a Madonna co Neno e santos (1453?) da Galleria degli Uffizi (Florencia). Supervisou as obras de restauración e reconstrución dos mosaicos do baptisterio da catedral de Florencia e desde 1453 decorou con mosaicos os arcos da Porta da Cruz e da Porta do Paraíso. Escribiu uns Ricordi (Lembranzas, 1499?), fonte para o estudo da arte da súa época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa sucia e de aspecto descoidado. SIN: badanas, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, bandallo, fargallón, pastrán, zalapastrán.

    2. Pel de ovella fina e curtida que se utiliza para facer guantes.

    3. prostituta.

    4. Mulleres encargadas de destripar e descabezar a sardiña nas fábricas de salgadura instaladas en Galicia no s XIX coa chegada dos salgadeiros cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Fonsagrada. As súas armas levan, en campo de goles, a pel dun carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Segundo marqués de Vallgornera e marqués viúvo de Torremejía. Interveu na Guerra da Independencia e na primeira Guerra Carlista, e despois foi agregado en diversas embaixadas. En 1837 foi elixido deputado por Barcelona e, posteriormente, senador por Tarragona e Girona. En 1838, en plena Guerra Carlista foi nomeado ministro da Gobernación do goberno do duque de Frías. Foi conservador da biblioteca do Senado e director (1814) da sección de historia militar do estado maior. Publicou o primeiro volume dunha Historia de la guerra de España contra Napoleón (1818) e un Reglamento y Catálogo de la Biblioteca del Senado (1851), e deixou inédita unha Descripción de la villa y término de Valls.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cualedro baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO