2 baldón
2 baldón
(<ár dabba ‘picaporte’)
-
s
m
Peza de madeira, de ferro, etc, que xirando sobre un eixe, encaixa nun nariz e serve para fixar unha porta, unha fiestra, etc. Pola súa forma distínguense os ferrollos planos, os de gancho ou corchete e os chamados de nariz de porco, que encaixan nun nariz formado por un plano inclinado para que as portas se pechen de golpe.
Ex: Empurrou tanto a porta que rompeu o baldón.
-
s
m
Tapón de madeira ou cortiza que se lles pon ás pipas do viño para que non saia o líquido.
Ex: Tivemos que romper o baldón para abrir a pipa.
-
s
m
Pao que vai colocado na parte dianteira do carro para que este non caia.
Confrontacións: chantón, tentemozo.