"BRU" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 267.

  • Compañía creada en 1996 en Santiago de Compostela por Gloria Rico, Pablo Rodríguez e Xabier Picallo. Dos seus espectáculos destacan Cachorros sen domesticar (1996) con dirección de Xabier Picallo; Interruptus   (1997), Interruptus II (1998) e Interruptus III (1999), propostas realizadas en coprodución con Pífano Teatro, e Detritus corazón (1998), con dirección de Xabier Picallo. O seu traballo busca dunha síntese entre tendencias estéticas, con especial atención ao kitscht e a presentación de temáticas relacionadas cunha sexualidade desinhibida e libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (84.000 km2; 110.900 h [estim 1988]). A súa capital é Tubruq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do baladiyya homónimo, Libia, situada na fronteira exipcia (75.282 h [1984]). Asediada, infrutuosamente, desde abril a decembro de 1941, pola Afrikakorps de Rommel, tivo que renderse o 21 de xuño de 1942, ante as divisións blindadas deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Representante do barroco inglés, das súas obras destacan o Castle Howard (1699-1714), o Blenheim Palace (1705-1724), o castelo de Easton Neston e os palacios de Eastbury e Seaton Delaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Asistente de Mahler en Hamburgo, dirixiu a ópera da corte de Viena (1901-1912), a orquestra de Múnic (1913-1922), a ópera de Berlín (1925), a Gewandhaus de Leipzig (1929) e, desde, 1941 na orquestra sinfónica de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto do mar do Norte, na costa do Flandres Occidental, Bélxica, que constitúe o anteporto de Bruxas, ao que está unido polo Brugger Zeekanal (13 km).

    VER O DETALLE DO TERMO