Teatro Bruto

Teatro Bruto
[ESPECT]

Compañía creada en 1996 en Santiago de Compostela por Gloria Rico, Pablo Rodríguez e Xabier Picallo. Dos seus espectáculos destacan Cachorros sen domesticar (1996) con dirección de Xabier Picallo; Interruptus   (1997), Interruptus II (1998) e Interruptus III (1999), propostas realizadas en coprodución con Pífano Teatro, e Detritus corazón (1998), con dirección de Xabier Picallo. O seu traballo busca dunha síntese entre tendencias estéticas, con especial atención ao kitscht e a presentación de temáticas relacionadas cunha sexualidade desinhibida e libre.

Palabras veciñas

teatral | teatralidade | teatro | Teatro Bruto | Teatro Buratini | Teatro Circo | Teatro da Bufarda