Teatro Circo

Teatro Circo
[ESPECT]

Compañía teatral fundada na Coruña en 1967 por Manuel Lourenzo. Ligada inicialmente ao Circo de Artesanos da Coruña, realizou diversos espectáculos, cursos e conferencias buscando a dinamización cultural. En 1977, por problemas coa censura, disolveuse e constituíu a Escola Dramática Galega. Das súas representacións destacan Longa noite de pedra (1968), de Celso E. Ferreiro; Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (1973), de G. Feixóo de Araúxo; Zardigot (1974), de E. R. Ruibal; Macbeth (1975), de W. Shakespeare; e Os vellos non deben de namorarse (1977, Premio ao mellor espectáculo da Aula de Teatro de Compostela), de A. Castelao.