"Berg" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 270.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Xeración do 36, entre as súas obras destacan Cantos de primavera (1933), Tiempo de dolor (1940), Continuación de la vida (1947), El descampado (1957), Memoria de la plata (1958), Prosas propicias (1976), e o estudo Introdución a la poesía española contemporanea (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Austria (2.601 km2; 351.565 h [2001]). A capital é Bregenz. Limita ao N con Baviera e o lago Costanza, ao O e ao S con Suíza e Liechtenstein e ao L co Tirol, a través do Arlberg Pass. Está atravesado polo Ill, afluente do Rin, polo Ach de Bregenz, tributario do lago Costanza, e polos cursos superiores do Lech e do Iller, afluentes do Danubio. O clima é continental alpino. Os recursos económicos derivan da gandaría e da industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. En 1924 fundou o grupo K, e mantivo contactos co grupo De Stijl de Leiden. Membro de Cercle et Carrée (1930), participou na fundación do grupo Abstraction-Création, en París (1932). Adaptou o neoplasticismo ao seu propio estilo e pintou con diagonais e triángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das campanuláceas, coas follas alternas, flores solitarias ou en inflorescencias laxas e froito en cápsula dehiscente. En Galicia dáse en lugares húmidos a especie W. hederacea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Compartiu o Premio Nobel de Física (1979) con S. L. Glashow e Abdus Salam, polos seus traballos sobre a unificación das interaccións débil e electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico sueco. Cultivou a sátira, o conflito social e a historia romántica en películas como Barnvagnen (O pecado sueco, 1963), Adalen 31 (1969, Gran Premio do Xurado en Cannes), Mannen frän Mallorca (O home de Mallorca, 1984) e Lust och fägring stor (1995, Silberner Bär en 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, situada á beira dereita do Elba (50.100 h [1990]). Porto fluvial, ten industrias químicas, mecánicas, electrotécnicas, de papel e de xabón. Converteuse en sede da dinastía Ascania dos duques de Saxonia, e despois (s XV) da dos Wettin. Conserva o castelo (1500?), onde Lutero en 1517 fixo á porta da igrexa as súas 95 teses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado da Alemaña meridional, rexido polos condes da casa de Württemberg, que obtiveron a dignidade real en 1805. Despois da Segunda Guerra Mundial foi dividido en dous länder: Württemberg-Hohenzollern, que correspondía á zona meridional e que foi ocupado polos franceses, e Württemberg-Baden, ao N, ocupado por EE UU. En 1951 ambas as dúas zonas formaron, xunto ao antigo estado de Baden, o land de Baden-Württemberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía que rexeu o territorio homónimo. O seu xenearca foi Conrado de Bentelsbach , que edificou o castelo de Wirtinisberg ou Württemberg (1083?), preto de Stuttgart, converteuse no conde Conrado I de Württemberg. Os seus descendentes ampliaron o territorio que en 1480 se dividiu nas liñas de Württemberg e Montbéliard, unidas de novo en 1593. En 1797 coa morte do duque Federico Uxío I de Württemberg formáronse cinco liñas.A quinta liña recibiu ao morrer o Rei Guillerme II os dereitos reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO