Vorarlberg

Vorarlberg

Land de Austria (2.601 km2; 351.565 h [2001]). A capital é Bregenz. Limita ao N con Baviera e o lago Costanza, ao O e ao S con Suíza e Liechtenstein e ao L co Tirol, a través do Arlberg Pass. Está atravesado polo Ill, afluente do Rin, polo Ach de Bregenz, tributario do lago Costanza, e polos cursos superiores do Lech e do Iller, afluentes do Danubio. O clima é continental alpino. Os recursos económicos derivan da gandaría e da industria diversificada.

Palabras veciñas

VOR | voracidade | Voragine Varagine | Vorarlberg | voraz | vorcalladas, ás | vorcallón