"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Oposto á dinastía Borbón, principalmente aos seus monarcas reinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria que consiste na repetición de palabras da frase anterior pero alterando a súa orde, o que produce un cambio de significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia estruturalmente relacionada cun metabolito que inhibe a súa utilización e bloquea as súas relacións enzimáticas normais ao entrar en competencia con el para ocupar as posicións activas dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faro adicional dun vehículo que se utiliza para minguar o efecto da néboa ou da chuvia sobre a visibilidade do condutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo utilizado para impedir o roubo dun vehículo. Os máis correntes son: o peche de seguridade que atranca o contacto ou inmobiliza a dirección, o inmobilizador de panca de cambios e freo de man, e o interruptor que desconecta a batería ou o alimentador da bobina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano, predicador e teólogo. Foi ordenado sacerdote en Coimbra e en 1220, con motivo de pasar as reliquias dos primeiros franciscanos mártires do Marrocos, ingresou na orde de San Francisco trocando o seu nome de pía, Fernando, polo de António. Logo marchou como misioneiro ao norte de África para predicar entre os musulmáns, pero unha súbita enfermidade obrigouno a reembarcar. Cando regresaba, unha tempestade levouno ata as costas de Sicilia. Seguidamente, marchou a Asís, berce do fundador da súa orde. Alí, consagrouse á predicación e acadou renome cos seus sermóns, o que o levou a ensinar Teoloxía en distintas escolas da Occitania. Durante os anos 1223-1225 ensinou en Boloña (Santa Maria della Pugliola), e logo en Montpellier e Toulouse, entre outros lugares; destas ensinanzas naceu a Escola Teolóxica Franciscana. A teoloxía dos seus Sermones dominicales e os Sermones in solemnitatibus Sanctorum é marcadamente querigmática e presenta un carácter pastoral. No 1230...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo afectado de antropofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeográfo e cartógrafo francés. Primeiro xeógrafo real (1719), do seu traballo destaca o conxunto de mapas que elaborou para a Description géographique de la Chine (Descrición Xeográfica da China, 1735) do xesuíta J. B. du Halde. Publicou os seus mapas máis importantes nun Atlas Géneral (1737-1780).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación difícil ou perigosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista. Introdutor dos estudios de sociolingüística en España. No 1973 fundou o Grup Català de Sociolingüística, e o mesmo ano introduciu unha sesión de sociolingüística catalá no VIII Congreso de Sociolingüística de Toronto. Partindo dunha crítica da imprecisa noción de “bilingüismo”, artellou unha teoría sociolingüística xeral e explorou a historia sociolingüística europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar guatemalteco. Presidente da República (1950) polo Partido de Acción Revolucionaria, emprendeu unha reforma agraria (lei agraria de xuño de 1952) que se contrapuxo cos intereses da empresa norteamericana United Fruit, o que foi aproveitado polo seu rival político, Castillo Armas, para obrigar a Arbenz a se exiliar (1954) coa axuda militar e financeira dos EE UU. Tras retirarse por un tempo a Suíza, faleceu en México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arbo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Paradanta, situado na provincia de Pontevedra, no SO da comunidade autónoma (42° 06’ 52” de latitude N e 8° 18’ 32” de lonxitude O). Limita ao N co concello da Cañiza (comarca da Paradanta), ao O co concello das Neves (comarca do Condado), ao S co río Miño, que o separa de Portugal, e ao L co concello de Crecente (comarca da Paradanta) . Abrangue unha superficie de 42,9 km2 cunha poboación de 3.887 h (2001) distribuídos nas parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela. A capital está no lugar do Pazo, na parroquia de Arbo. Situado a, a 135 km de Santiago de Compostela, e 75 km de Pontevedra, pertence ao partido xudicial de Ponteareas e á diocese de Tui.
    Xeografía física
    O concello de Arbo sitúase no límite do dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival. Situado no curso baixo do río Miño e afectado polos somontes da dorsal galega, a doada penetración dos ventos do SO afecta aos rexistros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, no Penedès (3.362 h [1996]). Industria metalúrxica, téxtil e química. Vide, cereais, oliveiras e froiteiras. A igrexa parroquial de Sant Julià, construída no 1136 e ampliada a principios do s XIV, aparece xa citada en documentación do 991. A igrexa actual data do 1647.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Florencio Martínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arqueólogo e filólogo francés, especializado en estudios celtas. Na súa bibliografía destacan: Les premiers habitants de l`Europe (Os primeiros habitantes de Europa, 1877); Les Celtes jusqu´en l´an mil avant notre ère (Os celtas ata o ano mil antes da nosa era, 1904); e Cours de Littèrature celtique (Curso de Literatura céltica, 1883-1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘gato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO