"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • Aplícase aos dispositivos formados por unha combinación de picos e flaps especialmente dispostos que fan posible a hipersustentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non manifesta ou non deixa ver personalidade.

    2. Que non se dirixe ou aplica a ninguén en concreto.

    3. Que expresa unha acción sen suxeito gramatical determinado e que só se emprega na terceira persoa, singular ou plural, ou no infinitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impersoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de impersoal.

    2. Doutrina que nega, destrúe ou descoñece o valor da personalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.

      1. Acción de introducir ou introducirse nunha situación ou actividade determinada.

      2. inmersión lingüística /

        Método de ensino dunha segunda lingua caracterizado basicamente polo feito de situar o alumno nun contorno de aprendizaxe que ten como lingua de relación e de instrución a lingua que está a aprender. A implantación deste método comporta que a lingua e a cultura familiares dos alumnos teñen unha presencia asegurada en ámbitos non escolares.

    2. Inicio da ocultación dun astro ao pasar pola sombra doutro ou por detrás del.

    3. Aplicación inxectiva dun conxunto A noutro B, que conserva as estruturas. A aplicación f é morfismo se A e B son espacios topolóxicos. Toda inmersión de A dentro de B permite identificar estruturalmente A coa súa imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está somerxido nun líquido.

    2. Que está metido nunha situación, ambiente ou actividade.

    3. Que está profundamente concentrado en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter dous ou máis conxuntos matemáticos un elemento en común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas de estrutura lineal, especialmente vías ou camiños.

      1. Acción e efecto de intersecarse.

      2. Conxunto formado por elementos que pertencen ao tempo a dous conxuntos ou máis. A intersección de dous conxuntos, A e B, é denotada por A 3 B, que se le A intersección B. En xeometría fálase de intersección entre curvas e superficies.

      3. Operación de atopar o conxunto intersección.

    2. Sistema para determinar as coordenadas dun punto inaccesible no terreo que consiste en dirixir cara ao punto un certo número de visuais desde puntos de coordenadas coñecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que participan dous ou máis sectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que existe ou se realiza entre os dous sexos.

    2. Que ou quen presenta intersexualidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na presenza nun individuo de características morfolóxicas masculinas e femininas. A intersexualidade provén dun erro na relación entre o número de heterocromosomas e o de autosomas, anomalías hormonais, alteracións ou extirpacións das glándulas sexuais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado ou se realiza entre dous ou máis astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é común ou se realiza entre dous ou máis sindicatos.

    2. Organización que reúne a varios sindicatos baixo un mesmo órgano de dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical creada en 1977 pola unión do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e os sindicatos integrados na ANPG (UTEG, UTSG, UTBG, SGTM). En 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG), utilizando as siglas ING-CTG ata 1981, ano en que adoptaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión nacida en Bos Aires en 1942 coa finalidade de coordinar as sociedades e asociacións galegas. Funcionou ata 1970 e organizou diversos actos políticos, como a celebración do 18 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos intersticios.

    2. Que é propio dos intersticios de areas litorais.

    3. Aplícase ao mineral dunha rocha que ocupa os intersticios entre os restantes minerais que a forman.

    4. Composto cristalino formado por metais de transición e elementos lixeiros, en que os átomos lixeiros se sitúan nos intersticios da malla espacial do metal de transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de intersubxectivo.

    2. Carácter da consciencia do home como ser esencialmente social.

    VER O DETALLE DO TERMO