Intersindical Nacional Galega

Intersindical Nacional Galega

Organización sindical creada en 1977 pola unión do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e os sindicatos integrados na ANPG (UTEG, UTSG, UTBG, SGTM). En 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG), utilizando as siglas ING-CTG ata 1981, ano en que adoptaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).