"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • Instrumento inventado por P. Bourguer para medir o diámetro aparente dalgúns corpos celestes (Sol, Lúa, planetas) e as distancias angulares entre dous astros calquera, cando estes son pequenos. Componse dunha lente que ten o obxectivo partido diametralmente e montado de forma que unha das súas metades pode deslizarse en relación á outra ao longo dese diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • partícula alfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Límite teórico da heliosfera con forma circular ou de lágrima. Considérase o punto onde o vento solar encontra o medio interestelar ou vento doutras estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego de Íwnw, antiga cidade do Baixo Exipto, situada uns 12 km ao NL do Cairo. Foi a terceira cidade do Exipto faraónico, despois de Tebas e Menfis, pola súa importancia relixiosa, e acadou o seu apoxeo durante o Imperio Novo co culto a Ammón-Ra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Heliópolis ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Heliópolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega da xeración dos Titáns, fillo de Hiperión e Tía e irmán de Eos e Selene, que constitúe a representación antropomórfica do Sol. É un mozo de gran beleza que todas as mañás, precedido de Eos, percorre o ceo nun carro de lume tirado por catro veloces   corceis. Ao anoitecer diríxese ao Océano, onde se bañan os seus cabalos mentres el descansa nun pazo de ouro ata a mañá seguinte. Casou coa oceánide Perseis, da que naceron a maga Circe, Eetes, Pasífae e Perses; coa ninfa Rodo tivo sete fillos, os Helíadas, e con Clímene, irmá de Perseis, tivo cinco fillas, coñecidas como Helíades, e a Faetonte. Cando o culto a Apolo alcanzou o seu apoxeo, este substituíu a Helios como condutor do carro do sol. Represéntase como un auriga viril   coa cabeza rodeada de raios áureos, a xeito de cabeleira, montado nun carro tirado por catro cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de investigación de colaboración alemá e estadounidense no estudo do espazo próximo ao Sol, mediante sondas cósmicas. O Helios 1 foi lanzado o 10 de decembro de 1974; O Helios 2, lanzado o 15 de xaneiro de 1976, describiu órbitas heliocéntricas elípticas, feito que permitiu un grande achegamento ao Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telescopio que permite a observación solar sen que se produzan lesións nos ollos do observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración fisiolóxica ou dano que pode causar nunha planta a exposición prolongada ao sol, especialmente no caso dunha planta de sombra ou despois dunhas condicións de pouca luz.

    2. insolación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión do espazo interestelar controlada polo Sol mediante o fluxo do vento solar. Esténdese unhas 50 ou 100 UA máis lonxe da órbita de Plutón. Engloba o Sol, os planetas, os seus aneis e satélites, os asteroides, os cometas e os raios cósmicos, que envolven o sistema solar, e caracterízase por unha densidade de enerxía do vento solar superior á do medio interestelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Astronomía dedicada ao estudo das ondas sísmicas xeradas no interior do Sol. Do seu estudo obtense información sobre o funcionamento interno da estrela e dos procesos que orixinan as reaccións nucleares e o vento solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao helióstato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que reflicte a luz solar. Consiste, fundamentalmente, nun espello dotado dun certo movemento rotatorio que serve para dirixir os raios do Sol nunha dirección determinada, normalmente un sistema receptor, a pesar do movemento do astro no firmamento. Emprégase en astronomía para observar o Sol, en xeodesia para transmitir sinais luminosos a longa distancia, e nas centrais solares para concentrar os raios do Sol nun punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que ten por obxecto o estudo e a explotación de todas as posibilidades que ofrece a enerxía solar. Alcanzouse un desenvolvemento notable na construción de fornos solares e de insoladores para obter auga quente ou para potabilizar auga mariña, e na de centrais solares para obter, mediante fotopilas, enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de diversas enfermidades mediante a exposición da totalidade, ou dunha parte do corpo, aos raios solares. Popularmente denomínase curas ou baños de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obtención e aproveitamento da enerxía calorífica do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á enerxía térmica da radiación solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de transportar a película fotográfica sobre a prancha ou o cilindro de impresores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO