heliotecnia

heliotecnia

(< helio- + -tecnia)

s f [TECNOL/FÍS]

Técnica que ten por obxecto o estudo e a explotación de todas as posibilidades que ofrece a enerxía solar. Alcanzouse un desenvolvemento notable na construción de fornos solares e de insoladores para obter auga quente ou para potabilizar auga mariña, e na de centrais solares para obter, mediante fotopilas, enerxía eléctrica.