"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático norteamericano. É profesor da Universidade de Stanford. Probou a imposibilidade da demostración de hipóteses continuas a partir do conxunto de axiomas dunha teoría. Estudiou as ecuacións diferenciais parciais e a análise harmónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante de cómic. Deuse a coñecer na posguerra con colaboracións en La Risa, Pocholo, L’infantil e, principalmente, en TBO. Foi un dos enlaces entre os debuxantes da xeración de TBO e os representantes máis novos do xénero, cos que compartiu as páxinas de Cairo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista, escritor e presentador de televisión. Comezou a súa andaina profesional en Radio Nacional de España. En 1955 trasladouse a Madrid, onde coñeceu a Mingote e Álvaro de Laiglesia, e pasou a colaborar no semanario de humor Don José. A partir de 1959 participou en La Codorniz. Formou un dos dúos humorísticos (Tip y Coll) máis famosos do teatro e da televisión en España xunto a Luis Sánchez Polack, coñecido como Tip. A partir de 1962 traballou como guionista e actor en diversos programas de televisión, como La tortuga perezosa, La vida discreta e Sonría, por favor. Colaborou tamén co humorista Pedro Ruiz nos programas Como Pedro por su casa e Esta noche Pedro. Publicou, entre outros libros: Epitafios (1982) e El hermano bastardo de Dios (1984). En setembro de 1994 recibiu o II Premio Espasa-Calpe de Humor pola súa novela Firmes!, na que trata con ironía e sarcasmo o tema do servizo militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta. Coñecido como o Schiller austríaco, escribiu dramas neoclásicos de problemática burguesa como Regulus (1801) e Coriolan (1802), para o que Beethoven escribiu unha obertura en 1807.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Licenciouse en Ciencias Físico-matemáticas en Barcelona (1889). Foi astrónomo do observatorio de R. Patxot (1896) e ingresou na Academia de Ciencias e Artes de Barcelona (1901), que lle encargou que dirixise a instalación do Observatorio Fabra e a súa Sección Astronómica (1904-1937). Descubriu dous cometas (un deles leva o seu nome), unha estrela variable e once pequenos planetas ou asteroides; un destes, chamado Barcelona, é excepcional pola grande inclinación da súa órbita. Realizou estudios sobre Marte, Xúpiter, Saturno e as estrelas dobres. Realizou tamén estudios de xeofísica e de física teórica; neste eido deu a coñecer en 1915 unha teoría orixinal da radiación electromagnética coñecida como teoría emisivoondulatoria. En 1911 fundou a Sociedade Astronómica de España e América, da que foi presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imprenta herdada pola viúva e polos fillos de Francisco Luís Compañel. Nesta etapa editáronse unha gran variedade de libros, folletos e periódicos, como é o caso do semanario El Idólatra de Galicia (1841-1842) ou a Revista Médica da Academia Médica de Emulación. Unha das últimas obras impresas é Monografías de Santiago (1850), de Antonio Neira de Mosquera. No ano 1840, Pedro Lozano dirixiu parte da imprenta que se instalou en Ourense co mesmo nome, onde imprimiu Reseña Breve y Compendiosa del Santuario de Nuestra Señora de las Hermitas e a Refutación de la Reseña Histórica del señor Do-Porto. Cando Lozano adquiriu a imprenta, Xoán Compañel mudouse a Vigo, onde editou o periódico La Oliva a partir de febreiro de 1856 e diversas novelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.
-
PERSOEIRO
Político. Líder do grupo progresista do partido conservador, opúxose ao restablecemento das relacións cos EE UU e ao recoñecemento de Panamá. Como presidente da República (1914-1918), sostivo a neutralidade de Colombia durante a Primeira Guerra Mundial e resolveu as antigas disputas fronteirizas con Ecuador (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Józef Teodor Konrad Nalecz Korzeniowski.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector da construción fundada en Pontevedra no ano 1975. Incorporou elementos, medios e traballos doutra empresa que viña traballando no sector da construción en Galicia desde 1962. A súa actividade centrouse na edificación, residencial e non residencial, e na rehabilitación. En 1982 transformouse nunha sociedade anónima. Dende a súa creación iniciou a expansión polo territorio nacional, e estableceu delegacións durante os anos oitenta nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Catalunya, Extremadura, La Rioja, Murcia, València. Durante os anos noventa a empresa estendeuse por Portugal, Alemaña, Arxentina, Chile, EE UU, Francia, México, Polonia e Uruguay. Co tempo, a facturación presentou un notable aumento, en 1980 ascendeu a 7,224 millóns de euros, en 1990 acadou os 87,766 millóns de euros e os resultados do 2000 foron de 300,91 millóns de euros. Ao longo da súa carreira, a construtora recibiu numerosos...
-
PERSOEIRO
Político. Ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) en 1973 da man de Nicolás Redondo. Polo seu contacto cos Altos Fornos de Bizkaia, foi o organizador do sector do metal do sindicato, e secretario de Organización da Federación Sindical Socialista ata 1985. Foi deputado por Bizkaia en 1982 e por Burgos en 1993. No XXXI Congreso socialista (1988) conseguiu a secretaría de Política Institucional e, no mesmo ano, foi ministro de Interior como substituto de José Barrionuevo. Desde este posto propuxo unha nova Lei de Seguridade Cidadá (Lei Corcuera), que foi rexeitada polo Tribunal Constitucional en 1993 por excederse nos límites constitucionais referentes á privacidade legal. Neste ano dimitiu no seu posto pero continuou co seu labor dentro do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Fundou e foi director xerente da Cooperativa Hortofrutícola HORSAL. Membro do Partido Popular, foi edil do concello de Cambados entre 1987 e 1999 (ano en que foi elixido alcalde), e senador por Pontevedra desde 1997. Foi elexido alcalde de Cambados en 1999 e reelixido nas eleccións de 2003 e 2007. En 2009 abandonou o cargo tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Foi tamén senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Foi deputado do Parlamento de Galicia desde 2012 e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Interesado polos traballos dos surrealistas, participou nas actividades deste movemento nos EE UU. Realizou colaxes con diferentes obxectos, principalmente caixas, material tipográfico, obxectos de uso persoal e fotografías antigas. Progresivamente, o seu traballo fíxose máis sistemático e centrouse na evocación da realidade, de maneira que se considera un dos precursores da pop art.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi o abandeirado do movemento que ao redor de 1925, sobre todo desde a revista Vanguardia, renovou a poesía do seu país ao apartala da liña de Rubén Darío. En 1968 editouse unha escolma da súa poesía en Cuba e, a finais dos setenta, outra en Nicaragua. Da súa produción destaca Obrerismo y artesanía (1932), La muerte del hombre símbolo (1939), Reflexiones sobre la historia de Nicaragua (1962-1967) e Prosa (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse moi novo a Ciudad Real, onde asistiu a clases de debuxo artístico e pintura na Escuela de Artes y Oficios e iniciou a súa formación con Manuel Mendía Santos. Posteriormente, trasladouse a Ourense onde foi profesor de debuxo artístico e figura en xeso, e coordinador e director da Escola Provincial de Artes e Oficios. Viaxou por Colombia e outros países de Hispanoamérica, onde realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas, entre as que destacan oito exposicións en Venezuela (1956-1958), e en Francia, Bélxica e nos Países Baixos. Colaborador en diversos xornais con artigos relacionados co mundo da arte e a filosofía, cultivou a paisaxe, o bodegón e o retrato. Na súa obra están presentes os temas das terras nas que viviu: Aragón, A Mancha e Galicia, en especial Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa obra, de carácter impresionista,... -
GALICIA
Pintor e debuxante. Fillo de José Corral Díaz, a quen considera o seu mestre. Graduouse en cerámica na Escola de Artes Plásticas e Deseño de Lugo e foi profesor da Escola Provincial de Ourense dende 1982 e da Escola de Arte Antonio Faílde dende 1990. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da cor e da luz. Pintou interiores de edificios relixiosos, nos que experimentou coa luz, e realizou murais cerámicos. Obtivo numerosos primeiros e segundos premios en certames provinciais (1956-1964), catro premios nacionais, e participou en diversas mostras, como a de Mestres Pintores (Ourense, 2001). Da súa produción destacan O Pórtico da Gloria, Nave da catedral de Ourense e O deambulatorio do mosteiro de Oseira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador da revista Ínsula, destaca como crítico xornalístico. Autor de numerosos estudios, da súa produción sobresaen Hombres de acero (1935), Por la orilla del tiempo (1954), El haz y el envés (1960) e Semana de pasión (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulado pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1948), na que exerceu como profesor, foi un dos renovadores da arquitectura española da segunda metade do s XX grazas á combinación das pautas do estilo internacional e do organicismo. Traballou con Luis Gutiérrez Soto (1946-1949) e con Ramón Vázquez Molezún (1952-1994). Das súas primeiras obras destacan o Poblado de Almendrales (Madrid, 1958), realizado con García de Paredes e Carvajal. En colaboración con Vázquez Molezún realizou, entre outras obras, a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1958), proxectada en colaboración con Alejandro de la Sota, o desaparecido instituto de Herrera de Pisuerga (1952), o pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas (1958), a Casa Huarte (1966), o edificio Bankunion (1975) e o Banco Pastor (1969), todos de Madrid, onde se amosa o organicismo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Co-municoulles aos seus personaxes, a pesar da súa aparencia fría e distante, unha profunda intensidade dramática. Traballou, entre outras películas, en Citizen Kane (Cidadán Kane, 1940), Shadow of a Doubt (A sombra dunha dúbida, 1943), Duel in the Sun (Duelo ao sol, 1947) ou The Third Man (O terceiro home, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO