Comas i Solà, Josep
Astrónomo. Licenciouse en Ciencias Físico-matemáticas en Barcelona (1889). Foi astrónomo do observatorio de R. Patxot (1896) e ingresou na Academia de Ciencias e Artes de Barcelona (1901), que lle encargou que dirixise a instalación do Observatorio Fabra e a súa Sección Astronómica (1904-1937). Descubriu dous cometas (un deles leva o seu nome), unha estrela variable e once pequenos planetas ou asteroides; un destes, chamado Barcelona, é excepcional pola grande inclinación da súa órbita. Realizou estudios sobre Marte, Xúpiter, Saturno e as estrelas dobres. Realizou tamén estudios de xeofísica e de física teórica; neste eido deu a coñecer en 1915 unha teoría orixinal da radiación electromagnética coñecida como teoría emisivoondulatoria. En 1911 fundou a Sociedade Astronómica de España e América, da que foi presidente.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso