"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • GALICIA

    Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e industrial. Foi alcalde da Pobra do Caramiñal por Unión de Centro Democrático (1972-1977, 1979-1983) e por Coalición Progresista Galega (1983-1990). Ocupou tamén os cargos de deputado provincial pola Coruña, pola UCD (1979-1983) e por CPG (1983-1987); e de deputado do Parlamento galego, polo Partido Popular, na terceira lexislatura (1989-1993), na que formou parte, entre outras comisións, das de Obras Públicas, Sanidade, Política Social e Emprego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi catedrático de Dereito Romano e de Dereito Mercantil na Universitat de Barcelona. Como vogal da Comisión Xeral de Codificación redactou a Memoria acerca de las instituciones del derecho civil de Cataluña (1883), alegato básico do ordenamento legal catalán. Foi deputado provincial (1856-1862), deputado a cortes, senador electivo e vitalicio. En 1899, no goberno presidido por Silvela, rexentou a carteira de Gracia e Xustiza. Entre as súas obras destacan Consideraciones sobre la historia de la ciencia del derecho (1863) e La escuela jurídica catalana (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido cos pseudónimos de Ego e Man D’Uval, comezou a súa andaina no mundo periodístico como redactor deportivo en La Integridad de Tui. Posteriormente, trasladouse a Ourense e colaborou no diario La Zarpa, nunha sección titulada “Mostacilla”. Na mesma cidade foi un dos fundadores da sociedade artístico-recreativa La Troya. Ao seu regreso a Vigo, ingresou no xornal El Pueblo Gallego, no que asinaba a sección “Pedradas” e na que reflexionaba en verso sobre temas locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo do artista M. Barrias. Formouse en París (1947-1950), onde acudía á École du Louvre e onde entrou en contacto co estudo de Léger e Jean Cassou, con quen estudiou historia da arte. De regreso a Portugal, comezou a expoñer desde 1958 e converteuse nun dos representantes do movemento surrealista portugués. Na súa obra perdura a abstracción lírica e a variedade cromática. Destacan as obras Homenagem a Paul Eluard (1955), Génesis (1958) e Espaço-Deus (1960). Está representado, entre outros, no Museu de Arte Contemporânea de Lisboa e na Fundação Serralves de Porto. O seu fillo, Alberto D’Assumpção (Lisboa 1956) tamén é pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Emigrou a Arxentina e ingresou no convento de San Telmo de Bos Aires (1871), onde exerceu a docencia. Publicou Sumario de las Indulgencias del Santísimo Rosario (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo francés. Estudiou no Conservatorio de París, no que posteriormente exerceu a docencia, e foi discípulo de E. Guiraud. Foi autor de obras dramáticas como Prométhée enchaîné (1918), Salamine (1928) e Amphitryon (1936), música sinfónica e sonatas. Así mesmo, escribiu Histoire de la langue musicale (Historia da linguaxe musical, 1911) e biografías de músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noël Matthieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • An-tropónimo procedente da expresión hebrea Immanu’el ‘Deus está connosco’, coa que o profeta Isaías designa o Mesías nas Sagradas Escrituras. No paso ao latín e grego conservou a súa forma integral, pero na Península Ibérica sufriu a aférese da sílaba inicial (Manuel). A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador portugués. Doutor en Historia (1984) e profesor catedrático na Universidade de Coimbra desde 1991, especializouse en museoloxía, arqueoloxía e epigrafía romana. Director do Ficheiro Epigráfico e secretario de redacción da revista Conimbriga. Colaborou, entre outras publicacións, en Revista de Guimarães, Archivo Español de Arqueología, Veleia, Espacio, Tempo e Forma e Studia Historica. Entre as súas obras destacan Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Subsídios para o seu estudo (1975), Inscrições romanas do Conventus Pacensis. Subsídios para o Estado da Romanização (1984), Introdução ao estudo da epigrafía latina (1987), Roteiro epigráfico romano de Cascais (1994), Para uma história da água no concelho de Cascais (1995) e Estudos sobre epigrafia (1998). Pertenceu á Associação dos Arqueólogos Portugueses, á Associação Portuguesa de Museologia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do Partido Liberal, foi deputado por Xinzo de Limia entre 1886 e 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. Como estudoso da literatura galega, encargouse da edición das obras de Fermín Bouza-Brey Trillo Nao senlleira, Seitura e Cabalgadas en Salnés (1992), e de Aqueles anos de Moncho, de X. Neira Vilas. Colaborou no Diario 16 de Galicia, no Faro de Vigo e noutras revistas literarias. Así mesmo, é autor de material didáctico como Unidade didáctica de Bouza-Brey (1992) e dos estudios Ilustrísima de Carlos Casares (1992) e Contos de tres mundos de Xosé Neira Vilas (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Entre 1881 e 1892 foi enviado a Cuba como médico militar e foi membro do Centro Galego de La Habana. Colaborou, entre outras publicacións, en Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega e Nuevo Támega, e na fundación de El Eco de Galicia con Waldo Álvarez Insúa (1878). En 1877 recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval, en recompensa aos servicios prestados no desembarco de Cinco Villas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor uruguaio. En 1940 recibiu unha bolsa do Círculo de Bellas Artes de Montevideo pola obra Circo al mediodía (1938). Alí, formouse con G. Laborde e J. Cúneo. Foi un dos fundadores do grupo Carlos Federico Sáez. Traballou con diferentes técnicas e realizou retratos, escenografías, deseños gráficos e intervencións urbanas. Na súa obra, que evolucionou dende o neoimpresionismo á pintura matérica, está presente a figuración. Foi asesor plástico da presidencia da República de Uruguay (1985) e proxectou, entre outras, a decoración da residencia presidencial. Participou, entre outras mostras, nas bienais de Venecia e de São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, diversas medallas no Salón Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador venezolano. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas Arturo Michelena de Valencia (1953) e na Escuela de Artes Aplicadas Cristóbal Rojas de Caracas (1955-1957), e ampliou estudios en Berlín, París e Roma. Foi director do movemento El Círculo del Pez Dorado e pertenceu ao Centro de Enseñanza Gráfica (CEGRA) e ao Taller de Artistas Gráficos Asociados (TAGA). Participou en 1967 na creación da Galería de Arte Nacional e no proxecto de creación da Escuela de Artes Plásticas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Elixido deputado pola Fonsagrada en 1879, presentou a solicitude ao goberno para a construción do ferrocarril do NO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Emigrado a Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO