Espárrago Fernández, Manuel

Espárrago Fernández, Manuel

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas e “Aspecto económico de los Puertos de la Costa gallega” (1944) no Boletín de la Real Sociedad Geográfica.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Badajoz

  • Deceso

    Lugar : Madrid