"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • LOCALIDADES

    Localidade do municipio de Valverde de la Virgen, provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conserva os restos dun hospital de peregrinos do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de La Habana, Cuba (134.730 h [estim 1981]). Coa expansión de La Habana chegou a ser parte da área metropolitana da capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Miguel do Outeiro (Vilamartín de Valdeorras). Ten planta poligonal formada por un rectángulo ao que se engadiu un corpo de planta cuadrangular irregular. Ten dúas alturas. Nas fachadas oeste e sur conserva solainas, galería e un balcón, e na sur conserva unha pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Liberal, foi ministro de Estado (1822) e, ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi xefe de estado maior de F. Espoz y Mina. Foi ministro da Mariña e da Guerra (1837). Despois de La Vicalvarada foi xefe da Xunta de Salvación (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Panamá, situada ao NL da área urbana de Panamá (291.769 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Delegado de La Voz de Galicia na Mariña de Lugo e Asturias. Publicou os poemarios A palabra soterrada (1985) e A traxectoria caótica do péndulo (1990), ademais de diversas pezas dramáticas como Ninguén chorou por nós (1999). No apartado narrativo tirou do prelo Cuba, doce e soturna (1994). Recibiu o XIII Premio Modesto R. Figueirido de narracións curtas (1987) e o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello de administración do Banco Pastor. Deputado no Congreso por UCD (1979-1982), foi conselleiro de Interior e Administración Local (1978-1982) e un dos asinantes, como representante do UCD, do Pacto do Hostal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito e membro do Partido Social Democrata desde 1976, foi deputado na Assembleia da República e no Parlamento Europeo e presidente da Câmara Municipal de Lisboa (2002-2004). En 2004 converteuse en presidente do Partido Social Democrata e en primeiro ministro de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frautista. Coñecido como Miguel de Santiago, formouse no Conservatorio Profesional da Coruña e no Conservatorio Superior de Música de Madrid con importantes mestres internacionais como Freitas Branco, Alain Marion ou Igor Markewicht. Diplomado en Música de Cámara, Música Antiga e Dirección de Orquestra, actuou en diversas cidades españolas e do estranxeiro baixo a dirección de mestres como Roxelio Groba. Foi solista na Banda e Orquestra Municipal da Coruña e ocupou a cátedra de Frauta do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Posteriormente, foi mestre de frauta do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Publicou diversas obras e métodos para frauta e gaita. Recibiu a Medalla de Ouro da Sovrano Militari Ordini di Malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel de Santiago Sánchez Chouza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (1985) pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de universidade desde 2002, ampliou estudos na Cambridge University e foi investigador e profesor visitante na Florida International University, así como na University of Illinois at Urbana-Champaign e Johns Hopkins University. Foi director da UNED na Coruña, vicerreitor de profesorado da USC (1994-1998) e, desde 1998, director do Instituto de Ciencias da Educación. As súas liñas de investigación son inmigración e educación, educación intercultural, teoría de procesos educativos, política educativa, educación e sociedade civil e pedagoxía da motivación. Das súas obras destacan Teoría y práctica de la educación intercultural (1994), Inmigración e acción educativa en Galicia (2003) e Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural (2005). Dirixiu a obra La investigación educativa en Galicia (1989-2001) (2004). Membro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa dos Açores, a máis grande do arquipélago (474 km2; 131.908 h [1981]). É montañosa e o cumio máis elevado é Pico da Vara, con 1.088 m, situado no extremo oriental. O centro principal é Ponta Delgada, capital de todo o arquipélago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi redactor e guionista da TVG, e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Membro da Fundación Castelao e do equipo de redacción de A trabe de ouro, colaborou en diversos medios. Publicou, entre outras obras, Compostela, camiño de encontro (1994) e Anxel Casal (1995), e, con outros autores, Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía (1981), A memoria de Santiago: álbum de postais (2000) e Para ler a Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel Serveto Conesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, médico e teólogo. Coñecido como Miguel Servet, formouse en teoloxía no mosteiro de Montearagón (1525-1527) e en leis na Universidad de Tolosa, onde tomou o primeiro contacto co ambiente da Reforma. Desde 1530 viaxou por cidades protestantes como Basilea ou Estrasburgo, onde publicou De Trinitatis Erroribus, Libri Septem (1531) e Dialogorum Trinitate (1532), en que afirmaba a existencia dun só Deus, pero negaba a súa manifestación a través de tres persoas, é dicir, rexeitaba o dogma oficial   da Trindade. Ademais proclamaba como único intermediario entre o home e Deus a Xesús Cristo, menosprezando o papel da Igrexa e do papado. Ao darse a coñecer as súas ideas, foi perseguido pola Inquisición, polo que marchou a París e despois a Lyon, onde entablou amizade con Simforiano Champier, que o introduciu no estudo da medicina, a xeografía e a astroloxía. Nestes momentos publicou Geografía de Ptolomeo, unha versión da Biblia do dominicano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de librepensadores constituída na Coruña en 1890. Formada por republicanos e anarquistas, rexentou a primeira escola laica da Coruña (1890-1891).

    VER O DETALLE DO TERMO