Sande Corral, Miguel Ángel

Sande Corral, Miguel Ángel

Xornalista e escritor. Delegado de La Voz de Galicia na Mariña de Lugo e Asturias. Publicou os poemarios A palabra soterrada (1985) e A traxectoria caótica do péndulo (1990), ademais de diversas pezas dramáticas como Ninguén chorou por nós (1999). No apartado narrativo tirou do prelo Cuba, doce e soturna (1994). Recibiu o XIII Premio Modesto R. Figueirido de narracións curtas (1987) e o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pastoriza, Arteixo