"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado en Roma xunto co seu irmán Feliciano. Segundo a lenda os leóns e os osos que mandaron para a súa tortura, deitáronse aos seus pés. Morreron degolados e deixaron os seus corpos abandonados aos cans e ás aves, que tampouco os picaron. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Infección que ten lugar por primeira vez.

    2. Infección primeira ou orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habilidade e esmero con que se fai unha cousa.

    2. Cousa feita con habilidade e esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é a orixe ou fundamento de algo.

    2. Que é moi importante, fundamental ou necesario

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano no seu primeiro estadio de formación.

    2. Órgano que, tras a fecundación, se transforma en semente. OBS: Tamén se denomina rudimento seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • KRAJ

    Ou Territorio do Litoral Kraj de Rusia (165.900 km2; 2.195.300 h [estim 1999]). A súa capital é Vladivostok. Comprende o litoral do mar de Xapón, a metade meridional dos montes Sikhote-Alin’ e a maior parte da chaira de Prikhanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é excelente pola súa delicadeza, esmero ou beleza.

    2. Que fai as cousas con destreza e esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fillo ou á filla que naceu primeiro.

    2. Liña orixinada polo fillo primoxénito da estirpe e continuada polos sucesivos primoxénitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de primoxénito.

    2. Conxunto de dereitos do primoxénito. No Antigo Testamento, o primoxénito do pai tiña dereito a unha parte dobre dos bens paternos e a ser o cabeza de familia, e o da nai tiña que ser consagrado a Iavé. Na Idade Media, pola lei sálica, o feudo era indivisible, inalienable e transferible ao primoxénito home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das primuláceas, con follas basais, en roseta, ovais ou lanceoladas, flores pentámeras, xeralmente amarelas, agrupadas en umbela, e froitos en cápsula valvar. Hai máis de 200 especies, a maioría propias da rexión holártica. En Galicia aparecen a prímula ou herba de san Paulo e o cáncaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primuláceas.

    2. Planta da familia das primuláceas.

    3. Familia de primulais formada por plantas herbáceas, de follas simples basais e regulares, hipóxinas e pentámeras, e froitos capsulares. Son propias das rexións holárticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primulais.

    2. Planta da orde das primulais.

    3. Orde de dicotiledóneas simpétalas, integrada por plantas herbáceas ou leñosas, de follas alternas, sen estípulas, con flores pentámeras, actinomorfas, con cinco estames e pétalos opostos, ovario súpero e froitos capsulares ou carnosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de colorantes derivados do tiazol que conteñen a estrutura básica da deshidrotio-p-toluidina, que se emprega na tintura do algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prince Rogers Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á primeira edición dunha obra antiga, dunha serie delas. OBS: Tamén se denomina edición príncipe.

    2. Estadista romano, que polas súas accións militares e administrativas, tomaba un papel determinante na vida política do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Princesa encantada que un feitizo converteu en ra, que se localiza na lagoa de Antela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New Jersey, EE UU (12.016 h [1990]). Situada a 15 km ao NL de Trenton, destaca a Princeton University, fundada en 1746, que destaca pola súa atención case exclusiva á ciencia pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.

    VER O DETALLE DO TERMO