Primula

Primula
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das primuláceas, con follas basais, en roseta, ovais ou lanceoladas, flores pentámeras, xeralmente amarelas, agrupadas en umbela, e froitos en cápsula valvar. Hai máis de 200 especies, a maioría propias da rexión holártica. En Galicia aparecen a prímula ou herba de san Paulo e o cáncaro.