"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

    1. 2 arnela.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de ata 90 cm de altura, de follas estreitas e glabras e espículas cunha soa gluma, aplicadas ao eixe da inflorescencia. Florece entre maio e outubro. Constitúe un bo pasto para o gando e en xardinaría emprégase para facer céspede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos raíidos.

    2. Peixe da familia dos raíidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos raiiformes, á que pertencen as raias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos raiiformes.

    2. Peixe da orde dos raiiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos condritios, de corpo aplanado dorsiventralmente, tronco en forma de escudo ou disco aplanado, e cola máis ou menos longa. Son mariños e adoitan ser carnívoros e predadores de crustáceos e moluscos. Case todos son bentónicos e repousan enterrándose no fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas barras de aceiro laminado dispostas en paralelo e unidas rixidamente nunha vía férrea.

    2. Carril polo que se despraza unha máquina, un vehículo ou un dispositivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles, fundada en 1933, que cesou a súa produción en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Raimund.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Centrou a súa actividade poética entre 1180 e 1205. Comezou como xograr, pero co tempo foi investido cabaleiro polo marqués Bonifacio di Montferrato (1194). Nas súas 26 composicións amósase como un trobador fácil, elegante e capaz de desenvolverse con acerto nos máis diversos xéneros e esquemas estróficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramón Pelegero Sanchís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Baixo italiano. Debutou en 1964 no papel de Colline en La Bohème. Dotado dunha amplitude e beleza vogal que lle permite cantar tamén na tesitura de barítono, en 1978 adquiriu un gran renome como protagonista do Don Giovanni de Mozart, na versión cinematográfica de J. Losey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, director e actor teatral. Coñecido tamén co nome de Ferdinand Raimann, está considerado o autor clásico do teatro popular vienés. As súas obras máis destacadas son Der Alpenkönig und der Menschenfeind (O rei dos Alpes e o misántropo, 1828) e Der Diamant des Geisterkönigs (O diamante do rei dos espíritos, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre a de Areal de Cabanas e a punta Sargo, na parroquia de Tal (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo (1125-1152). Na sé toledana (1125) organizou unha escola de tradutores que fixo accesibles a astronomía, a física e as matemáticas dos árabes, e converteu Toledo nun dos centros culturais máis destacados de Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rei.

    2. Título mariano que forma parte de varias invocacións como a Raíña do Ceo, Raíña dos Anxos ou Raíña dos Apóstolos. A festa de Santa María Raíña, que se celebra o 22 de agosto, instituíuna o Papa Pío XII en 1955 como paralela á de Xesús Cristo Rei.

    3. Muller, animal ou cousa que, pola súa importancia ou excelencia, sobresae sobre as outras da súas especie, rango ou clase,

    4. Individuo fértil do sexo feminino, propio dos insectos sociais. Algunhas sociedades animais, como as das abellas, as formigas, as da maioría das avespas e as térmites, posúen unha soa raíña, da que descenden todos os demais individuos, mentres que outras, como algunhas especies de avespas, teñen varias.

    5. Cogomelo de 5 a 15 cm de alto, de sombreiro ao principio hemisférico e posteriormente estendido, vermello alaranxado, co bordo finamente estriado e coas láminas libres e amarelas, e de pé amarelado. Presenta un anel en forma de faldrón e unha volva branca e grosa. Propio da rexión mediterránea, atópase principalmente en aciñeirais, sobreirais e carballeiras. É comestible e moi apreciado polo seu sabor. Está presente en Galicia.

    6. Segunda peza en importancia no xogo do xadrez despois do rei.

    7. Espiga de millo que ten algún ou todos os grans máis escuros do normal.

      1. raíñas dos bosques [Galium odoratum, Fam das rubiáceas]

        Planta herbácea perenne, rizomatosa, de talos cuadrangulares, dereitos, de 15 a 25 cm de alto, follas lanceoladas, en verticilos, flores brancas, en inflorescencias corimbosas terminais, e froitos secos ovoides, encrespados de pelos ganchudos. Habita en bosques caducifolios, especialmente de faias, en gran parte de Europa. En Galicia está presente en bosques de zonas montañosas, como no Courel ou nos Ancares, e florece entre os meses de xullo e setembro.

      2. raíña dos prados

        ulmaria.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Columbia Británica, Canadá, situado no Océano Pacífico, ao NO da illa de Vancouver. Está separado de Alasca, ao N, pola Dixon Entrance, e do continente, ao L, polo estreito de Hecate.

    VER O DETALLE DO TERMO