1 raíña

1 raíña

(

  1. s f [HIST/DER]

    rei.

  2. s f [RELIX]

    Título mariano que forma parte de varias invocacións como a Raíña do Ceo, Raíña dos Anxos ou Raíña dos Apóstolos. A festa de Santa María Raíña, que se celebra o 22 de agosto, instituíuna o Papa Pío XII en 1955 como paralela á de Xesús Cristo Rei.

  3. s f

    Muller, animal ou cousa que, pola súa importancia ou excelencia, sobresae sobre as outras da súas especie, rango ou clase,

  4. s f [ENTOM]

    Individuo fértil do sexo feminino, propio dos insectos sociais. Algunhas sociedades animais, como as das abellas, as formigas, as da maioría das avespas e as térmites, posúen unha soa raíña, da que descenden todos os demais individuos, mentres que outras, como algunhas especies de avespas, teñen varias.

  5. s f [FUNGO]

    Cogomelo de 5 a 15 cm de alto, de sombreiro ao principio hemisférico e posteriormente estendido, vermello alaranxado, co bordo finamente estriado e coas láminas libres e amarelas, e de pé amarelado. Presenta un anel en forma de faldrón e unha volva branca e grosa. Propio da rexión mediterránea, atópase principalmente en aciñeirais, sobreirais e carballeiras. É comestible e moi apreciado polo seu sabor. Está presente en Galicia.

  6. s f [XOGO]

    Segunda peza en importancia no xogo do xadrez despois do rei.

  7. s f

    Espiga de millo que ten algún ou todos os grans máis escuros do normal.

  8. [PLANTA]
    1. raíñas dos bosques [Galium odoratum, Fam das rubiáceas]

      Planta herbácea perenne, rizomatosa, de talos cuadrangulares, dereitos, de 15 a 25 cm de alto, follas lanceoladas, en verticilos, flores brancas, en inflorescencias corimbosas terminais, e froitos secos ovoides, encrespados de pelos ganchudos. Habita en bosques caducifolios, especialmente de faias, en gran parte de Europa. En Galicia está presente en bosques de zonas montañosas, como no Courel ou nos Ancares, e florece entre os meses de xullo e setembro.

    2. raíña dos prados

      ulmaria.