"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Xénero de algas vermellas ao que pertence o fiúncho mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de decorar a cerámica.

    2. Tratado sobre a historia da cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artista que decora con pintura os traballos feitos con cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Exerceu como editor, director e administrador do seu xornal La Unión Gallega, que apareceu en Montevideo entre os anos 1881 e 1892. Ligado á corrente republicano-demócrata, colaborou con diversos xornalistas e escritores da época como José F. Agrasar, Manuel Simón de la Rúa, Ramón García Vicetto e César Augusto Cisneros Luces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cerrar ou cerrarse.

    2. Construción de calquera material para cerrar un espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1982 e comezou a súa actividade docente en 1976 no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixiu entre 1989 e 1991. Profesor de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na ordenación do territorio, na demografía e na cartografía. Foi pioneiro na aplicación da teledetección e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) en Galicia. Foi profesor invitado nas universidades de Cork, Nantes e Maine (Le Mans) e, dende 1995, profesor colaborador da Escola Superior Gallaecia, en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Ampliou os seus estudios sobre xeomorfoloxía litoral en París (1987) e sobre SIX en Durham e Londres (1988-1991). Forma parte do consello de redacción da revista Agália. Á parte de numerosos artigos e comunicacións, publicou Paisaje agrario en la Galicia Noroccidental (1982; versión en galego de 1989), Las parroquias de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e musicólogo. Aos once anos ofreceu o seu primeiro recital no Círculo das Artes de Lugo (1946). Recibiu unha bolsa da deputación provincial e do concello de Vilalba para estudar música e bacharelato en Madrid, onde realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música y Declamación. No ano 1956 obtivo unha bolsa da Comisaría de Educación Popular para trasladarse a París, onde ampliou os seus estudios con prestixiosos mestres. En 1960 ingresou en Radio París como comentarista musical e director das emisións en galego, e en 1968 nomeárono director do Servicio de Linguas Ibéricas. Colaborou en distintos xornais e películas. É autor de libros como Guía secreta de París e Aprés Franco. Foi galardoado co premio radiofónico de Radio La Habana (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. charamuza.

    2. Folla do piñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. charamuza.

    2. Neve miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en abril de 1923 en Marrocos e fundada por Rafael Dieste, Xesús Romero Suárez e Xosé María Brea Segade. Nela publicáronse numerosos poemas e textos literarios de cada un dos fundadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar chispas un corpo en combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción dunha materia combustible lixeira, xa convertida en cinza ou carbonizada, que se desprende dun corpo en combustión e que pode ser levada polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten diferentes cores vivas, discordantes e mal combinadas, especialmente as pezas de roupa.

    2. Que viste esta roupa. Ex: Teño que cambiarme, que non vou a sitio ningún tan charramangueira.

    3. Aplícase ás bolboretas, cigarras e abellas coas ás de diferentes cores.

    4. Arxilas de diferentes cores do Triásico superior, da facies Keuper.

    5. Greses de cores diversas, especialmente vermellas, do Triásico inferior e da facies Buntsandstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ferreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ista pintada nun cilindro oco cunha plataforma no interior onde se sitúan os espectadores.

    2. Peza da decoración teatral consistente nun fondo semicilíndrico de cor neutra ou branca, sobre a que se pode proxectar luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica realizada cun cimógrafo que reflicte as ondulacións das paredes arteriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rodaxe e proxección cinematográfica que emprega sincronicamente tres cámaras e tres proxectores, patentada por Fred Waller en 1950 e comercializada en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual que apareceu en Lugo en 1920. Acolleu unha gran cantidade de documentos relacionados coa doutrina teolóxica e ascética. Considerada como o órgano oficial do Centro Eucarístico Diocesano de Lugo, foi dirixida e redactada por Plácido Ángel Rey Lemos durante o tempo que estivo como bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO