"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Relativo ou pertencente ao polarímetro ou á polarimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a rotación do plano de vibración da luz polarizada ao atravesar un medio opticamente activo. Consta fundamentalmente dunha fonte luminosa que emite radiación monocromática, un polarizador, constituído por un prisma de Nicol ou un polaroide, un tubo situado na dirección de propagación da radiación e que contén a mostra, e un analizador constituído por outro prisma de Nicol. O plano de vibración da luz polarizada desvíase un certo ángulo (actividade óptica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de liberalización iniciado en Praga (1967-1968), como contestación á crise económica e política do réxime checoslovaco. Comezou por unha crítica dos escritores ao sistema, ao que se uniron os universitarios e a maioría dos membros do comité central do partido comunista, que votou a separación do cargo de presidente da república do de secretario do partido e outorgou o último a A. Dubček. Máis tarde, o presidente, A. Novotný, tivo que dimitir e foi substituído por L. Svoboda. O proceso rematou coa invasión do país polas tropas do Pacto de Varsovia en agosto de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que precede ao matrimonio.

    2. Relacións sexuais mantidas antes do matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de Los Castillejos, conde de Reus e vizconde do Bruc. Durante dous anos ingresou no primeiro dos dous batallóns de tiradores de Isabel II que se organizaron en Reus para loitar contra os carlistas. Liberal convencido, ao acabar a guerra foi deputado por Tarragona (1841) e figurou entre os progresistas. Coa chegada de Espartero ao poder en 1843, alzouse en armas en Reus e loitou contra Martín Zurbano. Foi gobernador militar en Barcelona (1843), e capitán xeneral de Puerto Rico (1847-1848). Despois da Revolución de 1854, o goberno progresista nomeouno capitán xeneral de Granada (1855-1856) e ascendeuno a tenente xeneral (1856). Participou na Guerra de África (1859-1860), na campaña de Marrocos, na que foi o xeneral máis distinguido e pola que recibiu o título de marqués de Los Castillejos, coa Grandeza de España. Encabezou a Revolución de Setembro de 1868, propagou a revolta por Andalucía e pola costa mediterránea. Foi ministro de Guerra (1868-1870) do goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeira das catro partes iguais nas que os romanos dividían o día artificial. Comprendía desde o principio da hora temporal, á saída do Sol, ata o fin da terceira, a media mañá.

    2. Primeira das sete horas canónicas que se corresponde coas seis da mañá, na división romana do día. OBS: Tamén se denomina hora prima.

    3. Primeira e máis delgada corda de certos instrumentos musicais, cun son máis agudo ca as demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gratificación monetaria que se dá a alguén como recompensa polo seu traballo, independentemente do soldo.

    2. Suma que paga o asegurado a unha compañía de seguros.

    3. Suma que, en certas operacións de bolsa, o comprador lle paga ao vendedor polo dereito de anular o contrato.

    4. Premio pecuniario dado polo estado ou por unha institución, a unha empresa que exporta ou importa certas mercadorías, a quen toma ao seu cargo unha acción de utilidade pública ou a quen participa nunha competición deportiva, entre outros, para que se esforcen en conseguir un resultado determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantante principal dunha ópera ou dunha compañía de ópera, xeralmente unha soprano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de ser o máis importante ou o primeiro.

    2. antaxe dunha persoa ou cousa respecto doutra da mesma clase.

    3. Dignidade de primado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao primado ou á primacía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Título honorífico vinculado a unha sé arcebispal que comporta unha preeminencia sobre os metropolitanos ou bispos dun estado ou rexión. Na Igrexa Latina o título naceu por concesión papal e fundamentouse en razóns de orde histórica, demográfica ou política. A noción de primacía dos reinos hispánicos non foi ben definida ata 1088, cando o Papa Urbano II lla concedeu ao arcebispo da cidade de Toledo, amparándose no papel que tivera a cidade en época do reino visigodo. Esta concesión, que se mantén aínda, foi contestada en distintas ocasións por Tarragona (a partir de 1092) e polos metropolitanos de Braga (1143), Santiago de Compostela (1168) e Sevilla (1721). O Concilio Vaticano I (1869-1870) recoñeceu o título de primado ao arcebispo de Tarragona, sen prexuízo do de Toledo. Aínda que os documentos oficiais lle deron este título a Toledo, por acordo entre os dous arcebispos ningún deles usa o título nas relacións entre estes dous arcebispados. O arcebispo de Tarragona utiliza normalmente...

      2. Autoridade de Pedro no seo do colexio apostólico, transmitida aos seus sucesores na sé de Roma. Calisto I (220?) reivindicou para el a autoridade dada por Xesús Cristo a Pedro, pero nos tres primeiros séculos do cristianismo non se traduciu nunha xurisdición sobre as outras igrexas. León I puxo os piares da doutrina da primacía papal a partir da tradición sólida dos sepulcros dos apóstolos Pedro e Paulo e da capitalidade do Imperio Romano. Os grandes pais gregos e santo Agostiño, entre outros, recoñeceron na sé de Pedro unha plenitude de verdade. O exercicio do primado aumentou en Occidente a partir da época carolinxia e da ruptura con Oriente en 1054. No momento da perda do poder temporal, o Concilio Vaticano I formulou a doutrina do primado universal de xurisdición sobre os bispos e a da infalibilidade. Esta doutrina recibiu co Concilio Vaticano II o contrapeso necesario grazas á da colexialidade.

      3. Abade xeral da orde beneditina que representa as diferentes congregacións ante a Santa Sé e goza dunha xurisdición, sobre todo nos mosteiros que non están federados nunha congregación ou provincia.

    1. antaxe ou superioridade que algo ten respecto doutras cousas da súa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar do Castro de Breixa, en Breixa (Silleda). Na rocha máis grande represéntanse dúas alabardas con mango, ambas as dúas con sinais dunha nervadura central. Tamén hai dous círculos concéntricos, que poderían corresponder á representación dun escudo, e varios puñais. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ucraíno. Membro do PCUS desde 1959, durante o goberno de L. I. Brežnev (1964-1982), encargouse das cuestións relacionadas co Oriente Próximo, e tras a disolución da URSS pasou a ser director do Servizo de Espionaxe Exterior da Federación Rusa. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1996) e primeiro ministro (1998-1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Considerar a unha persoa ou cousa máis importante ca as demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conceder unha prima a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que vai primeiro no tempo ou nunha escala que comeza polo grao inferior.

      2. eleccións primarias

        Consulta electoral dos afiliados dun partido político para designar os candidatos nos cargos públicos e os delegados nas convencións. En EE UU forma parte do seu sistema institucional.

      1. Que é básico ou fundamental.

      2. Que é rudo, primitivo ou pouco civilizado.

      3. Que predominan os instintos básicos e os impulsos sobre a reflexión, especialmente referido ao carácter.

    1. Aplícase aos planetas propiamente ditos, por oposición aos planetas secundarios ou satélites.

    2. Aplícase ao circuíto dun transformador que recibe a potencia activa.

    3. Relativo ou pertencente ao Primario ou Paleozoico.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos primates.

    2. Mamífero da orde dos primates.

    3. Orde de mamíferos placentarios pentadáctilos, con polgar opoñible, hemisferios cerebrais ben desenvolvidos e ollos en posición dianteira. O tamaño pode variar desde o dun gorila grande ata o de pequenas tupaias co talle e a forma dun leirón careto. O rabo, cando existe, pode ser curto ou constituír un verdadeiro apéndice prénsil. En xeral o sentido do olfacto non está moi desenvolvido e deu paso a outros que se poden considerar superiores, como a vista, o tacto e o oído. Son animais arborícolas nun grao máis ou menos importante e tenden a formar grupos, ben familiares, ou ben moito máis amplos. Apareceron no Eoceno. Comprende as subordes dos prosimios e dos simios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor italiano. Formouse en Boloña e foi discípulo de Giulio Romano, con quen colaborou nos frescos do Palazzo del Te en Mantua (1526-1530). Traballou sobre todo en Francia, chamado por Francisco I (1531). Primeiro con Rosso Fiorentino e despois só, dirixiu as obras e a decoración das estancias do Château de Fontainebleau e proxectou a capela funeraria dos Valois en Saint-Denis. Influíu na escola de Fontainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estación do ano, entre o inverno e o verán, que no hemisferio norte vai do 21 de marzo (equinoccio de primavera) ao 21 de xuño (solsticio de verán), e no hemisferio sur do 23 de setembro ao 21 de decembro.

    2. Idade ou época na que algo ou alguén está no seu maior vigor.

    3. Cada ano de idade dunha persoa nova.

    4. herba de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO