polarímetro

polarímetro

( 1 metro)

s m [METROL]

Instrumento para medir a rotación do plano de vibración da luz polarizada ao atravesar un medio opticamente activo. Consta fundamentalmente dunha fonte luminosa que emite radiación monocromática, un polarizador, constituído por un prisma de Nicol ou un polaroide, un tubo situado na dirección de propagación da radiación e que contén a mostra, e un analizador constituído por outro prisma de Nicol. O plano de vibración da luz polarizada desvíase un certo ángulo (actividade óptica).

Palabras veciñas

polaridade | polarimetría | polarimétrico -ca | polarímetro | Polaris | polariscopio | polarizábel