polaridade
polaridade
(< polar)
-
s
f
[BIOL]
-
Propiedade que presentan as membranas celulares, as células (nerviosas ou en mitose e meiose), os órganos e os seres vivos de orientar unha parte da súa actividade nun sentido ou de presentar dous ou máis polos opostos de significación fisiolóxica e morfolóxica diferente.
-
Distribución polar das substancias celulares no oocito en desenvolvemento avanzado, e posteriormente no ovo, na blástula e no embrión.
-
-
s
f
[TECNOL/FÍS]
Propiedade que permite distinguir o polo positivo do negativo e comparar o potencial dun punto co dos polos.
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Propiedade dun enlace, un átomo ou unha molécula, en virtude da que existe unha separación estable das cargas positivas e negativas.