polar

polar

(< 2 polo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao polo.

  2. adx

    Que está situado nun polo ou preto dun polo.

  3. [QUÍM]
    1. adx

      Que presenta polaridade.

    2. disolvente polar

      Medio constituído por moléculas polares e caracterizado por unha constante dieléctrica elevada. A constante dieléctrica å e o momento dipolar ì están relacionados mediante a ecuación de Clausius-Mosotti. Teñen unha grande importancia en cromatografía.

    3. enlace polar

      Enlace covalente entre dous elementos de diferente electronegatividade. A polaridade dun enlace é proporcional á diferenza de electronegatividade dos elementos, e é expresada mediante o momento dipolar.

    4. molécula polar

      Molécula en que a suma vectorial dos momentos dipolares dos enlaces que a forman non é nula.

  4. coordenadas polares [MAT]

    sistema de coordenadas.

  5. diagrama polar [AERON]

    Gráfico ou diagrama que relaciona os coeficientes de sustentación e resistencia aerodinámicas dun perfil aerodinámico para cada valor do seu ángulo de ataque. Esta relación obtense experimentalmente nun túnel aerodinámico.

  6. eixe polar [XEOL/FÍS]

    Eixe de rotación cos extremos diferentes e que presenta a propiedade de que o fenómeno simétrico que ten lugar nun deles non se repite no outro, porque non hai nin eixes paralelos nin planos de simetría perpendiculares a este eixe.

  7. réxime polar [CLIMAT]

    Réxime climático que se caracteriza polas baixas temperaturas anuais. Tan só durante tres ou catro meses se rexistran temperaturas medias superiores aos 0°C.