"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral francés. Licenciouse en Filosofía pola Sorbonne e estudiou Teatro no Conservatorio de París. Especialista en personaxes románticos e apaixonados, traballou con Bette Davis, Olivia de Havilland, Ingrid Bergman e Hedy Lamarr. Foi nominado ao Oscar ao Mellor Actor en tres ocasións. Entre os seus filmes destacan: L´homme du large (O home ancho, 1920), Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e The April´s fools (Os tolos de abril, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. En 1895 determinou, usando unha balanza de torsión deseñada por el mesmo, a masa da Terra en 6·1024 kg (experiencia parecida á de Cavendish). En 1890 inventou o radiomicrómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador inglés. Traballou como actor na compañía Edison antes de pasar a dirixir na MGM. Na súa filmografía hai dúas películas que definen o seu estilo: Beast of the city (A besta da cidade, 1932), un dos primeiros filmes de gángsters, e The mask of Fu Manchu (A máscara de Fu Manchú, 1932), interpretada por Boris Karloff. Entre a súa produción pódense sinalar tamén: The man who disappeared (O home que desapareceu, 1914), While New York sleeps (Mentres Nova York dorme, 1920) e A wicked woman (Unha muller malvada, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Formado no célebre Actor’s Studio de Nova York, a súa traxectoria teatral principiou co espectáculo A streetcar named desire (Un tranvía chamado desexo, 1951), presentado en Broadway en 1947, con dirección de Elia Kazan e considerado como unha exemplificación paradigmática do que Lee Strasberg denominaría “o método”, adaptación americana das ensinanzas de Konstantin Stanislavsky. Aínda que a súa reputación lla debe aos seus traballos cinematográficos, á súa sólida formación e capacidades interpretativas teñen unha base teatral. Converteuse nun mito grazas á interpretación de obras de gran espectáculo (cine de autor aparentemente inconformista). Cómpre destacar algúns traballos da súa primeira época: The Men (Os homes, 1950), Viva Zapata (1952), Julius Caesar (Xulio César, 1953), The wild one (Salvaxe, 1953). Outras películas destacadas son: The godfather (O padriño, 1972), Last tango...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tübingen. Describiu as propiedades rectificadoras de certos cristais binarios e aplicounas á detección das ondas de radio. Inventou un tipo de tubo de raios catódicos. En 1909 recibiu, xunto con Marconi, o Premio Nobel de Física polos seus inventos relacionados coa radio e a telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador inglés, fillo do tamén pintor H. W. Brewer. Formouse na West-mister Art School e no Real Instituto de Pintores e Acuarelistas. Na súa viaxe a Tanger en 1910 atravesou a Península desde Vigo a Sevilla. Expuxo na Real Academia desde 1888 e en Australia e Nova Zelanda. En 1913 recibiu a medalla de ouro da Real Sociedade das Artes e en 1914 foi elixido membro da Real Institución. Realizou gran número de obras de tema hispánico entre as que salientan: Vigo desde el mar, Catedral de Toledo (1910), Catedral de Córdoba (1910), La Alhambra desde el carro (1910), Catedral de Santiago (1911), Cuenca (1910), Granada (1910), Interior de san Pedro, Ávila (1907) e Panorámica de Segovia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés, alumno de G. Monge. Foi profesor en París e realizou estudios de xeometría proxectiva. Destacou polo teorema que levou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Étienne-Charles de Loménie de Brienne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa nacional de Irlanda que veu substituír a antiga divindade Brigantia, deusa da fertilidade, das artes e da ciencia. Bautizada por un discípulo de san Patricio, fundou o convento de Kildare, onde foi abadesa. Esta santa labrega acadou sona pola súa vaca: repartía entre os mendigos penlas de manteiga que ela mesma facía; un día visitárona tres bispos, e deulles leite a fartar muxindo tres veces no mesmo día a súa única vaca. O seu culto está moi espallado entre os países celtas como Gales, Bretaña armoricana, etc. Os irlandeses asimílana á propia Virxe, de feito é coñecida como a “Señora de Eirín”. En iconografía represéntase con vestiduras de abadesa, hábito branco e veo negro, e, como atributos persoais, leva un cirio na man e unha chama sobre a cabeza; ás veces tamén aparece como unha leiteira batendo a manteiga ou unha labrega coidando dunha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Estudiou os problemas epistemolóxicos dentro da liña neorrealista. As súas obras principais son Scientific Thought (O pensamento científico, 1923) e The Mind and its Place in Nature (A mente e o seu lugar na natureza, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Islamista. É autor de Geschichte der Arabischen Literatur (Historia da literatura árabe, 1898-1902) e de Geschichte der Islamischen Völker und Staaten (Historia dos pobos e dos estados islámicos, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de orixe flamenga. Activo entre 1381 e 1409. Traballou para Filipe o Ousado, duque de Borgoña, dende 1387. En 1391 recibiu o encargo de realizar as pinturas das táboas posteriores das ás do retablo de Jacques de Baerze na cartuxa de Champmol. Esas pinturas, que representan a Anunciación, a Visitación, a Presentación e a Fuxida a Exipto, realizadas no estilo gótico internacional, son as súas únicas obras coñecidas. Non obstante , supervisou e deseñou numerosas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Buchinsky.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. En 1846 publicou un poemario baixo o pseudónimo de Currer Bell e a súa primeira novela, The Professor (O profesor), non atopou editor e foi publicada postumamente; pola contra, Jane Eyre (1847) acadou unha gran fama no seu tempo e abriu paso á novela feminista inglesa. Publicou ademais as novelas Shirley (1849) e Villette (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro inglés. Sobriño e sucesor de sir James Brooke, foi raxá de Sarawak. Aboliu a escravitude e aceptou o protectorado británico sobre o seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Castrato soprano italiano. Coñecido como Farinelli, pertenceu a unha familia acomodada e ilustre, en contra do habitual, xa que os castrati eran, xeralmente case sempre de familias pobres que vendían os seus fillos aos mutiladores. Considerado como o mellor cantante de todos os tempos pola súa pureza de ton e beleza vocal, estudiou no Conservatorio de Nápoles co profesor de canto e compositor Porpora, debutando nunha das súas óperas xunto co libretista Metastasio. En 1734 trasladouse a Londres e incorporouse á compañía Opera of the Nobility, e en 1737 á Corte española de Filipe V, a petición de Isabel de Farnesio, para sacar o monarca dunha fonda depresión. A través da meloterapia de Farinelli, que lle cantaba ao rei todas as noites, este experimentou unha gran melloría. Durante esta época e no reinado de Fernando VI, foi artífice de numerosas actividades musicais, e dirixiu a construción do Teatro de la Ópera del Buen Retiro. En 1760 retirouse a Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano. Foi o primeiro escritor profesional nos EE UU e introduciu os indios como personaxes literarios nas súas novelas. Entre outras obras publicou: Ormond or the secret witness (Ormond ou a testemuña secreta, 1799) e Edgar Huntly (1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, profesor nas Universidades de Chicago, Detroit e Purdue. Estudiou o boro e algúns dos seus compostos, que son empregados na industria farmacéutica e na síntese de derivados orgánicos do boro, polo que no 1979 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con G. Wittig. Entre 1940 e 1943 participou no proxecto Manhattan, concretamente na separación de isótopos de uranio. Entre as súas obras cómpre destacar: Hydroboration (1962), Boranes in organic chemistry (1972), Organic syntheses via boranes (1975) e The non-classical ion problem (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e fisiólogo francés. Estableceu que a orixe das fibras simpáticas se atopa na médula, foi o primeiro en demostrar que se pode provocar artificialmente epilepsia nos animais e definiu (1851) a síndrome orixinada pola hemisección da medula espinal, que leva o seu nome. No eido da endocrinoloxía estudiou as glándulas suprarrenais e suxeriu o uso de extractos de testículos para favorecer o rexuvenecemento en humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e humorista. Coñecido polo pseudónimo de Artemus Ward, iniciou a súa traxectoria profesional no Carpet Bag de Boston (1852). En 1886 trasladouse a Inglaterra, onde colaborou con Punch ata a súa morte. A colección completa dos seus artigos apareceu en 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO