"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
-
-
Obrigación contraída entre persoas por unha promesa, unha palabra dada, etc.
-
Na literatura, no cine ou en calquera outro medio artístico, tendencia que concibe a obra co obxectivo fundamental de que interveña na transformación da sociedade, desde un punto de vista ideolóxico ou político. Oponse á concepción da “arte pola arte”, que vindica o valor estético das manifestacións artísticas e que lle nega a capacidade de operar cambios na sociedade. No eido literario houbo, ao longo da historia, momentos nos que a implicación dos intelectuais na dinámica socio-política foi máis acusada, como aconteceu no romanticismo (Vic22tor Hugo e Mariano J. de Larra) e no realismo (Èmile Zola). Hai que salientar as achegas de Jean-Paul Sartre á reflexión sobre o papel do escritor na sociedade a través da revista Les temps modernes e do ensaio Qu’est-ce que la littérature? (Que é a literatura?, 1974). Un modelo de literatura comprometida foi a obra dramática de Bertolt Brecht, na que a implicación política e social vinculouse ao pulo renovador de formas e técnicas....
-
-
Situación difícil ou crítica na que é complicado decidir qué facer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moi mal me quer o que nun compromiso me quixo meter”.
-
-
Contrato especial formalizado en escritura pública polo que as partes dunha controversia estipulan que o conflito existente entre elas sexa resolto por terceiras persoas, unha ou máis en número necesariamente impar, designadas por elas mesmas. As partes teñen o acordo expreso de acatar a súa decisión.
-
Escritura ou acta na que consta o compromiso das partes a someterse a unha arbitraxe imparcial.
-
Resolución dun litixio por arbitraxe.
-
-
-
Delegación que, co fin de elixir os ocupantes de determinados cargos civís ou eclesiásticos, fan os electores nun deles ou en máis dun para designar o que debe de ser nomeado para o cargo.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao compromiso.
-
cláusula compromisoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maceda. Non se sabe con certeza se tivo unha orixe defensiva ou se foi unha residencia fortificada. Trátase dun edificio de planta cadrada rodeado dun recinto amurallado de forma poligonal no que sobresaen dúas torres de planta semicircular. Na vivenda destaca a portada principal cunha solaina balconada. Está documentado que o castelo se entregou en dote a dona María Fernández, filla do conde de Traba Pedro Froilaz, polo seu casamento con don Xoán de Ares de Novoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno do tecido cartilaxinoso hialino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amolecemento das cartilaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado para determinar a densidade aparente dos cereais nos países anglosaxóns.
-
-
Que tende a opoñerse a unha corrente eléctrica.
-
Forza electromotriz desenvolvida en certos elementos ou aparellos intercalados nun circuíto eléctrico que tende a opoñerse ao paso da corrente. Aparece sempre que a enerxía eléctrica se transforma en calquera outro tipo de enerxía que non sexa calor.
-
-
PERSOEIRO
Militar e político. No 1841 proclamouse esparterista. Despois uniuse a Prim e interveu no alzamento de xuño de 1866 en Madrid. Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1869 e dirixente dos “intransixentes” dentro do partido republicano federal. Proclamada a Primeira República, foi capitán xeneral de Catalunya (febreiro-marzo de 1873), e púxose á cabeza do movemento cantonalista de Cartagena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso obsesivo cara ás materias fecais e aos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés de Chō ḷ aman ḋ ala.
-
PERSOEIRO
Escritor, economista e político. Trala súa militancia no partido republicano de Salmerón, foi acusado de participar nos atentados cometidos polos anarquistas durante o ano 1896 en Barcelona. Despois de pasar uns anos en Madrid, regresou a Catalu-nya en 1903 como líder dos catalanistas republicanos. Foi un dos fundadores do Institut d’Estudis Catalans (1907), centro no que presidiu a sección de ciencias. En 1909 foi nomeado presidente da Unión Federal Nacionalista Republicana e director de El Poble Català. A partir dese momento incrementou a súa actividade política: foi rexedor do concello de Barcelona en 1909, deputado a Cortes en 1910 e 1914 e, aínda que abandonou a política en 1916 tralo fracaso do Pacto de Sant Gervasi (1914), tomou parte activa na campaña pola autonomía de Catalunya en 1918. En 1931, trala instauración da República, volveu á política como membro da comisión redactora do Estatut d’Autonomia. Foi conselleiro de Xustiza e Dereito da Generalitat en 1933 e deputado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista, fillo de Pere Coromines i Montanya. Estudiou na facultade de Filosofía e Letras de Barcelona, nos Estudis Universitaris Catalans e na Fundació Bernat Metge. Completou a súa formación en Montpellier (1927) con Maurice Grammont e Georges Millardet; en Madrid (1928) con Menéndez Pidal e Américo Castro; en Zúric (1929) con Louis Gauchat, Arnald Steiger e Jakob Jud; e en París (1930) con Oscar Bloc, Mario Roques e Antoine Meillet. Doutorouse en Madrid cun traballo sobre Vocabulario aranés (1931). Pompeu Fabra introduciuno (1930) nos traballos de lexicografía do Institut d’Estudis Catalans, centro do que pasou a ser membro a partir de 1950. Foi profesor de filoloxía románica na Universitat de Barcelona ata 1939, ano en que se exiliou. Estableceuse primeiro en París, e pouco despois, en Arxentina. Neste país foi profesor da Universidad de Cuyo (Mendoza) ata 1948, data do seu nomeamento como profesor de filoloxía románica na Universidade de Chicago. Dúas constantes básicas na...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo portugués. Cultivou un teatro costumista con elementos expresionistas: Sol da floresta (1957), As cinco vogais (1951) e O Vagabundo de mãos de oiro (1961). Escribiu tamén as novelas Desporto-Rei (1956), Bonecos de luz (1961) e O tritão (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Alterar unha substancia facendo que se volva putrescente e insalubre.
-
Impurificar a atmosfera e a auga contaminándoas.
-
Desviar a alguén da rectitude e do deber moral.
-
Inducir a un xuíz ou a outra autoridade pública a actuar contra a legalidade.
-
Manter relacións sexuais cun menor de idade.
-
Alterar unha persoa as características propias dalgunha cousa.
-
Estragarse algo ata podrecer.
-
Impurificarse a auga ou o ambiente.
-
Separarse dos principios morais.
-
Comportarse de maneira ilícita por diñeiro.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
corruptible.
-
-
de corromper ou corromperse.
-
Que non se axusta aos principios da legalidade.
-
Que é inmoral e deshonesto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base de lanzamentos espaciais que se utiliza en Rusia e nos países da CEI (antigamente a Unión Soviética).
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca da Plana Alta, na provincia de Castelló de la Plana, situado no val medio do río Segarra (1.857 h [1996]). Case a metade da súa poboación se dedica á agricultura, principalmente aos cultivos de oliveira, cereais e viña. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura. Do seu patrimonio destaca a igrexa parroquial da Assumpció, de estilo neoclásico. De orixe musulmana, en 1235 foi conquistado por Xaime I, que a cedeu o Balasc d’Alagó.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma clínica benigna da esclerodermia caracterizada por calcinose, fenómeno de Raynaud, esclerodactilia e telanxiéctase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cor’.