Conde de San Román, castelo do
Conde de San Román, castelo do
Construción situada en Maceda. Non se sabe con certeza se tivo unha orixe defensiva ou se foi unha residencia fortificada. Trátase dun edificio de planta cadrada rodeado dun recinto amurallado de forma poligonal no que sobresaen dúas torres de planta semicircular. Na vivenda destaca a portada principal cunha solaina balconada. Está documentado que o castelo se entregou en dote a dona María Fernández, filla do conde de Traba Pedro Froilaz, polo seu casamento con don Xoán de Ares de Novoa.