"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como Marrofer, foi mestre de profesión, un destacado militante comunista e o organizador das guerrillas en Galicia entre 1944 e 1946. Dirixiu a IV Agrupación en substitución de M. Castro Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e caricaturista. Coñecido como Oitabén, traballou como caricaturista para a revista Vagalume (1974-1975). Interesado pola conservación da natureza, creou o Centro de Recuperación de Fauna O Rodicio (Ourense) e fundou a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, para a defensa e o estudo dos bosques autóctonos. Recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico da arte. Colaborador de Arte y Hogar, El Español, La Estafeta Literaria e Tajo, foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Reitor de San Pedro de Campañó, formou parte do Equipo Misioneiro Pontificio para América creado por Pío XII. Estudoso da cultura galega, foi membro do Instituto Padre Sarmiento, cofundador do Museo do Pobo Galego e do seu padroado e membro do Pedrón de Ouro. Escribiu Historia de Coroza (1968), Los ascendientes del padre Martín Sarmiento en Cercedo (1972) e Canteiros e artistas de Terra de Montes e ribeiras do Lérez (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Catedrática de Historia e Instituciones Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela, directora do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia e vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. Escribiu Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV (1976), A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba (1977), O fluxo migratorio dos séculos XVIII ao XX (1995) e Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1960 ingresou na Academia Militar de Zaragoza. Foi considerado un experto na loita contra o terrorismo, aínda que a esquerda abertzale o acusou de maltrato e corrupción. En 1996 foi encarcerado, acusado de ordenar o asasinato dos membros de ETA J. A. Lasa e J. I. Zabala, secuestrados polo GAL en 1983. Por motivos de saúde, foi excarcerado temporalmente en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Destacan os seus poemas recollidos en Profecía de Guatimoc e as obras dramáticas La Capilla (1837) e Muñoz, visitador de México (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina no mundo do teatro e participou, coa Escola Dramática Galega, en O folión, de M. Lourenzo; e coa Compañía Luís Seoane en A casa das tres lúas (1981), de R. Otero Pedrayo, e A noite dourada de Mimi da Cora (1982), de M. Lourenzo. Neses anos decidiu marchar a Barcelona, onde perfeccionou a súa formación como actor, e logo a Madrid, onde alternou diversos traballos no cine, no teatro e na televisión. Colaborador-director de Héctor Carré nas súas curtametraxes A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), protagonizou o filme Dáme lume (1993) e participou nas producións Un parell d’ous (1984), Mi hermano del alma (1994) e Hasta aquí hemos llegado! (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Lois Caeiro, dirixe o diario El Progreso de Lugo desde decembro de 2000. Doutorado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, da que é profesor colaborador no departamento de Empresa Informativa, iniciou o seu labor xornalístico en El Ideal Gallego como colaborador, correspondente e cronista político en Madrid nos anos da transición, e foi colaborador no suplemento cultural en Ya. Posteriormente, exerceu como cronista político en Galicia (1980-1982), labor que compatibilizou coa de correspondente de axencias e medios de comunicación como ABC. Foi responsable da posta en marcha dos informativos da TVG e director xeral da CRTVG (1986-1987). Primeiro director (1987-1988) de Atlántico Diario, foi tamén asesor de prensa da Delegación do Goberno en Galicia, da Confederación de Empresarios e da Xunta de Galicia, e dos gabinetes de Pescanova e Caixa Ourense. Membro do consello de administración...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Realizou estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e comezou na docencia en 1890 na mesma cidade. En 1895 fundou a Revista de Ciencias Pedagógicas, baixo o patrocinio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e, en 1908, trasladouse a Madrid, onde continuou a desenvolver a súa actividade profesional. Foi un dos impulsores do asociacionismo do maxisterio, destacando o seu labor na Asociación Provincial do Maxisterio da Coruña e como presidente da Asociación Nacional de Maestros a partir de 1914. Desde 1921 dirixiu a publicación La Escuela Moderna. É autor dunha extensa obra psicopedagóxica e didáctica, con libros de texto, compendios e tratados para o uso nas escolas primarias e nas escolas normais. Das súas obras destacan Monografías de Ciencias Pedagógicas (1896), Metodología didáctica general (1897), Preliminares de una teoría de la educación intelectual (1903), La Nueva pedagogía (1906), Bases psicofisiológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filoloxía Románica polas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, é profesor na Universidade da Coruña, tradutor e colaborador en diversas publicacións, como La Voz de Galicia. É autor das antoloxías Invitación á narrativa (1983), onde ofrece unha visión da narrativa galega desde o s XIX ata a década de 1980; Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (1986), en que recolle o proceso de renovación poética da década de 1970; Horizontes poéticos (2002), onde inclúe entrevistas e unha antoloxía de diversos poetas; e Poetas galegos do século XX (2004). Escribiu tamén o estudo monográfico A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. En 1948 emigrou a Arxentina onde madurou a súa vocación artística e contactou con Laxeiro, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e E. Blanco-Amor. En 1967 trasladouse a Londres para traballar no sector da hostalaría. En 1977 celebrou a súa primeira mostra. Participou en diferentes exposicións en Galicia e Portugal e a súa obra atópase en museos de Galicia, España, México, Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Francia, Alemania e Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Xorogo, colaborou en diversos diarios, revistas e folletos da bisbarra guardesa e publicou Caminar poético (1993) e Mi plácida tierra (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Arquiveiro e cronista oficial de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre historiografía medieval galega. Foi presidente da sección de historia do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e profesor numerario de historia medieval da Universidade de Santiago de Compostela. Académico correspondente da Real Academia de la Historia desde 1995, escribiu Ferias y mercados en el s XVI, La ciudad de Santiago en 1542, La Inquisición en Galicia durante los siglos XVI e XVII (1964), Santiago de Compostela (1977), con B. Varela Jácome; e Las fortalezas de la mitra compostelana y sus castillos (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, xornalista e lexicógrafo. Comezou a súa actividade como mestre nas terras onde naceu, ata que se trasladou á Coruña, onde exerceu como funcionario do concello (1888-1937). Compatibilizou o traballo administrativo co xornalismo, e dirixiu os diarios La Mañana e El Noroeste, o suplemento cultural deste último Terra a Nosa!, e foi correspondente de ABC e colaborador en O Tío Marcos d’a Portela, Alfar, A Monteira, Nós, A Nosa Terra, Revista Gallega, Suevia, Vida Gallega e Galicia. Durante esta época concorreu a diversos certames literarios con composicións que resultaron premiadas en Betanzos (1887), Tui (1891) e Santiago de Compostela (1915), e elaborou unha serie de pequenas pezas dramáticas en castelán e a Guía de Galicia para el turista (1917). Ao longo de todos estes anos preparou a que foi a súa obra máis importante, o Dicionario enciclopédico gallego-castellano, coñecido como O Eladio, editado entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Doutor en Xeografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade acádemica e investigadora está vinculada á análise rexional e á ordenación e desenvolvemento territorial. Formou parte de equipos de investigación multidisciplinal dentro do IDEGA e da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e outros organismos nacionais e internacionais. Coordinou unha Rede Temática Docente financiada pola AECI sobre Desenvolvemento Rural integrada por 6 universidades latinoamericanas. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento (1995), Estrategias de desarrollo local y regional de Iberoamérica (1999), De aldeas a cidades (1999, Premio da Crítica Galega na modalidade de Investigación 2000) e Xeografía, entre cultura e profesión territorial (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Coñecido como O matemático de Bermés, foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu diversos campos da ciencia como a astronomía, as matemáticas e a mineraloxía. Participou nas operacións de medida do arco meridiano (1806-1808) e na formación dun mapa exacto de España (1808). En 1818 foi nomeado profesor de astronomía do Museo de Ciencias Naturales de Madrid para organizar o Observatorio Astronómico. Foi deputado polo Reino de Galicia (1820-1821). Publicou Observations on the measurament of three degrees of the Meridian, conduted in England by the Lieutenant Colonel William Mudge (1812).
VER O DETALLE DO TERMO