"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoguete en forma de galla con mango, a cuxos extremos se suxeitan dúas tiras de goma unidas por un anaco de coiro, onde se poñen croios que se lanzan estirando as gomas e soltándoas bruscamente.
-
-
Relativo ou pertencente á tiroide.
-
-
Glándula de secreción interna dos vertebrados, difusa ou impar, que deriva do aparato dixestivo e se orixina como evaxinación media da farinxe. No home está situada na parte inferior e anterior do pescozo, ten consistencia mol e é de cor gris rosada que, no adulto, pesa de 20 a 30 gramos. Intervén na regulación do metabolismo fosfocálcico e é unha glándula endócrina que segrega diversas hormonas como a tiroxina e a calcitonina. OBS: Tamén se denomina glándula tiroide.
-
tiroide accesoria
Porción dependente da tiroide que se atopa na base da lingua.
-
-
Cartilaxe da larinxe que está unida ao óso hioide e ao cartílago cricoide por ligamentos elásticos. Está formada por dúas placas que se unen na liña media formando un ángulo, máis ou menos prominente segundo o sexo, a idade ou o individuo. OBS: Tamén se denomina nó da gorxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación cirúrxica, total ou parcial, da glándula tiroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extracto de glándula tiroide que se extrae especialmente de animais domésticos, ovinos e bovinos, e se emprega en certos casos de cretinismo ou obesidade producidos por unha insuficiencia da secreción da tiroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se produce pola alteración patolóxica da función da glándula tiroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da glándula tiroide que pode ser aguda, subaguda ou crónica. As principais tiroidites crónicas son a tiroidites de Riedel, na que a tiroide adquire unha consistencia moi dura e se infiltra nos tecidos veciños, e a tiroidites de Hashimoto, de etioloxía autoinmune.
-
-
Que ten forma de toro ou de toroide
-
Relativo ou pertencente ao toroide.
-
Aplícase ao campo magnético en que as liñas do campo están dispostas ao longo de círculos cuxo centro é o eixe de revolución do toro en que están contidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie semellante ao toro pero que está xerada por unha curva plana pechada calquera. Constitúe unha xeneralización do toro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe tricroísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dalgúns cristais de presentar diferentes cores en tres diferentes direccións.
-
GALICIA
Paleógrafo e anticuario. Estudou letras en Salamanca e foi procurador síndico do concello de Betanzos e comisario de montes dos distritos de Santiago de Betanzos. Publicou El archivo cronológico-topográfico. Arte de archiveros... (1835) e El cazador gallego con escopeta y perro (1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á muller lenta e de pouca disposición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia Menor situada nos territorios de Tróade, preto do estreito dos Dardanelos (actualmente, o alto de Hisarlik, Turquía). Considerada durante moitos séculos como unha invención de Homero, a súa existencia real demostrouse a finais do s XIX, cando a descubriu H. Schliemann. Atopáronse os restos dunha cidade que correspondía, cronoloxicamente, á época micénica. Quedou así demostrada a historicidade da Guerra de Troia cantada por Homero. Pénsase que a destrución da cidade está en íntima relación coa caída do Imperio Hitita ao redor do s XIV a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expedición bélica dirixida polos aqueos ou micénicos contra a rexión de Tróade, na costa de Asia Menor, que rematou co episodio do cabalo de Troia e coa destrución da cidade. Arredor desta empresa floreceu un inmenso ciclo de lendas e numerosos poemas, coñecido como ciclo troiano. A causa da guerra foi a vontade de Zeus que quería alixeirar a terra da súa excesiva poboación. De aí o xuízo de Paris, provocado polo mesmo deus, o rapto de Helena e, como consecuencia, a reacción fulminante dos príncipes gregos, a saída de Aulis (co episodio do sacrificio de Ifixenia) dun poderoso exército destinado a vingar a aldraxe do príncipe troiano e o inicio da guerra. Estes acontecementos aparecen na Ilíada e na Odisea, homéricas, na Ilioupérsis ou Toma de Troia e na Pequena Ilíada. Tamén na literatura latina se viu o recordo desta conflagración, que posiblemente foi realizada xa en plena crise e decadencia do mundo micénico. Neste punto os cálculos cronolóxicos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ciclo troiano.
-
-
Relativo ou pertencente a Troia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Troia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de asteroides que teñen órbitas semellantes á de Xúpiter e que están situados arredor de dous puntos, os que, unidos con Xúpiter e o Sol, forman dous triángulos que teñen un lado común. O primeiro asteroide do grupo foi descuberto en 1906 por Max Wolf. Foron bautizados co nome de heroes da guerra de Troia, de onde vén o nome de grupo Troiano ou dos troianos.
-
-
Zorra rusa tirada por tres cabalos enganchados diante en paralelo.
-
Grupo de tres persoas que gobernan un estado, dirixen unha organización ou un organismo. O termo aplicábase sobre todo en relación coa antiga Unión Soviética.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de ferro, de fórmula FeS, que cristaliza no sistema hexagonal e se atopa en certos meteoritos.
-
-
-
Peixe que pertence ao xénero Salmo, da familia dos salmónidos.
-
troita común [Salmo trutta fario, Fam dos salmónidos]
Peixe de río de ata 50 cm de lonxitude cun corpo con forma fusiforme e cabeza forte coa boca rasgada e grande. Entre a aleta dorsal e a aleta caudal dispón dunha aleta adiposa cunha característica mancha vermella no bordo. As aletas peitorais e caudal son moi robustas, as pélvicas e anal pequenas e a aleta caudal escotada nos máis novos, que co tempo termina por ter un bordo posterior truncado ou incluso algo convexo. A cor é variable, normalmente o dorso e os flancos acastañados con manchas negras ou vermellas aureoladas ou non de claro. Adáptase moi ben a multitude de ambientes acuáticos, co requisito de que se trate de augas frías, limpas e ben osixenadas. Aliméntase de invertebrados bentónicos e pequenos insectos. A súa distribución é pola maior parte de Europa, Asia Menor e N de África. Na Península Ibérica habita a totalidade dos ríos do N de Portugal, Galicia, cornixa cantábrica e Pireneos, e só está ausente nos ríos con augas máis contaminadas.
-
troita mariña/maresa
1 reo.
-
-
Peixe de río que foi introducido nalgúns ríos no canto da troita común. Presenta un maior crecemento e resiste mellor as variantes de temperatura; poden atoparse en augas que superen os 18°C, a diferenza da troita común. Habita os tramos baixos dos ríos repoboados e comunmente se cría en piscifactorías. É a principal troita de consumo e a súa carne é moi parecida á do salmón.
-