Troiano, grupo
Troiano, grupo
[ASTRON]
Conxunto de asteroides que teñen órbitas semellantes á de Xúpiter e que están situados arredor de dous puntos, os que, unidos con Xúpiter e o Sol, forman dous triángulos que teñen un lado común. O primeiro asteroide do grupo foi descuberto en 1906 por Max Wolf. Foron bautizados co nome de heroes da guerra de Troia, de onde vén o nome de grupo Troiano ou dos troianos.