"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Fisiólogo sueco. Doutorouse en Medicina (1951) na Universidade de Lund, onde exerceu a docencia. En 1959 trasladouse ao departamento de Farmacoloxía da Universidade de Göteborg, onde foi nomeado profesor emérito en 1989. Centrou o seu labor investigador na transmisión nerviosa, demostrou o papel da dopamina como neurotransmisor e relacionou a súa deficiencia coa enfermidade de Parkinson, que melloraba coa administración da L-dopa (un precursor da dopamina). Tamén demostrou que os medicamentos antipsicóticos bloquean os receptores de dopamina. No ano 2000 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, compartido con P. Greengard e E. Kandel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. Presidente da Organización Xuvenil do Partido do Traballo (1961 - 1967), foi deputado dende o ano 1964. Ocupou os ministerios de Educación (1969 - 1973) e de Vivenda (1973 - 1976). No 1982 chegou a viceprimeiro ministro e, despois do asasinato de O. Palme no 1986, ocupou os cargos de primeiro ministro e de presidente do Partido Socialdemócrata. Venceu nas eleccións de 1988 e continuou como primeiro ministro ata 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta canadense de lingua inglesa. De tendencia posromántica, escribiu entre outras obras: Ballads of Lost-Heaven (Baladas do paraíso perdido, 1897), Songs from Vagabondia (Cancións de Vagabondia, 1894), Ballads and Lyrics (Baladas e poemas, 1902) e Poems (Poemas, 1904 e 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. A súa condición de católico, a súa visión do sufrimento humano e a busca dunha moral individual conducírono a un humanismo transcendentalista influído por Goethe e Rilke. A súa experiencia como médico reflíctese nas súas novelas, moitas delas autobiográficas. Da súa produción destacan as novelas Doktor Bürgers Ende (A fin do Doutor Bürger, 1913), Der Artz Gion (O médico Gion, 1931), Eine Kindheit (Unha infancia, 1922), Rumänisches Tagenbuch (Dietario romanés, 1924) e Ungleiche Welten (Mundos desiguais, 1951). A súa obra lírica publicouse en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Yvelines, Francia (11.353 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Foi axudante de dirección do realizador Jean Renoir. Colaborou cos realizadores cinematográficos René Clair e Jacques Becker, e realizou a curtametraxe Le Retour (O regreso, 1945). Especializado en reportaxes fotográficas de todo o mundo, fundou, xunto con Robert Capa e David Seymour, a axencia Magnum Photos (1947). Expuxo os seus traballos no Museum of Modern Art de Nova York (1946), en Londres (1955) e París (1967). En 1973 deixou a fotografía profesional e dedicouse exclusivamente á pintura. Da súa autoría son os libros Les Européens (Os europeos, 1955) e Photographies (Fotografías, 1963), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Foi un dos renovadores do cine fantástico en Gran Bretaña. Nalgunha das súas obras recréanse con bastante exactitude as atmosferas escuras, de terror, cheas de cores estrañas. Dirixiu, entre outros filmes, Lancashire Luck (A sorte de Lancashire, 1937), The Glass Mountain (A montaña de cristal, 1948), No smoking (Non fumar, 1955), The Blood of the Vampire (A sangue do vampiro, 1958) e Give a Dog a Bone (Dálle un óso a un can, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violoncellista e compositor. Discípulo de Pau Casals, como concertista acadou renome internacional. Foi profesor da Academia Chigiana de Siena e, desde 1958, da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia. A súa obra comprende pezas para violoncello, piano, orquestra, guitarra e cuartetos. Dende 1969 celébrase o Concurso Internacional de Violoncello Gaspar Cassadó, instituído polo Ente Autonomo do Teatro Comunale de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolphe Jean-Marie Mouron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pertenceu á orde dos xesuítas, foi cualificador do Santo Oficio, profesor de matemáticas en Madrid e un dos fundadores da Academia de la Lengua. Escribiu as vidas de san Estanislao de Kostka (1715), de san Luís Gonzaga (1726) e de Dionisio Rickel (1738), os libros Historia de la Compañía de Jesús en el nuevo reyno de Granada (1741) e Los varones ilustres de la Compañía (1734), unha Historia de la Academia e diversas obras científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeado de orixe italiana composto dunha capa de nata ou chocolate e dunha pasta de chantilly ou de merengue borracho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora estadounidense. Estudiou pintura na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, en Philadelphia. Estableceuse en París en 1870 e, desde 1879, introduciuse (a través de Degas) no grupo dos impresionistas, cos que expuxo neste ano e, novamente, en 1880, 1881 e 1886. Combinou a augaforte e a técnica da punta seca nas súas estampas, influída pola xilografía xaponesa. En 1914 abandonou a pintura por mor dos problemas de visión que padecía. Entre as súas obras destacan O palco (1882?), Muller na mesa do té (1885) e Paseo en barca (1893). En 1904 foi galardoada coa Lexión de Honra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Foi o impulsor do New American Cinema Group. Interpretou numerosos papeis complexos no cine e na televisión. Concibiu as súas obras dun xeito moi persoal; foi autor, entre outras películas, de Shadows (Sombras, 1961), Too Late Blues (Blues tardíos, 1962), Opening night (Noite aberta, 1977), Gloria (1980) e Big Trouble (Unha gran dificultade, 1986). Interpretou Taxi (1953), The Dirty Dozen (Os doce do patíbulo, 1967) e Love Streams (Correntes de amor, 1984). Foi candidato ao Oscar en tres ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración dos viños provocada por fenómenos bioquímicos ou químicos, que se manifesta por un embazamento rápido, a miúdo acompañado de escurecemento ou cambio de cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo francés. Coñecido como Guillaume, investigou a disposición do espello dos telescopios que levan o seu nome. Crese que foi profesor no Collège de Chartres. O seu nome aparece a raíz dunha memoria sobre megáfonos de 1672; na carta de presentación, Henri de Bercé explica que Cassegrain ideara o telescopio reflector. Un século máis tarde, Ramsden evidenciou a utilidade do telescopio de Cassegrain, especialmente en canto á eliminación das aberracións esféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi profesor de economía en Estocolmo entre 1904 e 1933. Defendeu a teoría da paridade do poder de compra no comercio internacional, que ligaba cunha teoría cuantitativa do diñeiro, para deducir a política monetaria máis axeitada á situación de inflación daquel momento. A súa obra máis importante foi Theoretische Sozialökonomie (Economía social teórica, 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Estudiou arte dramática no American Theater Wing e no Actor’s Studio. Protagonizou numerosas longametraxes dirixidas por John Cassavetes, ao que o unía certa amizade. Entre os filmes nos que traballou destacan: Murder, Inc (O sindicato do crime, 1960), Minnie and Moskowitz (Minnie e Moskowitz, 1971), Love Streams (Soños de amor, 1984), Colors (Cores de guerra, 1988), Dick Tracy (1990) e It Could Happen to You (Podía pasarche a ti). Foi candidato ao Oscar en 1968 polo seu papel en Faces (Facianas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cast Sendra i Barrufet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista italiano. Discípulo de Fabricio de Aquapendente, sucedeuno como catedrático de Anatomía na Universitá de Padua dende 1609. Estudiou o músculo coracobraquial ou músculo perforado de Casserius, e os aparellos de audición e fonación. Publicou, entre outras obras, as Tabulae anatomicae (Táboas anatómicas, 1617), con ilustracións do sistema nervioso central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na comarca do Berguedá (1.612 h [1996]). Na agricultura destacan os cultivos de cereais, patacas e forraxe. A gandería é ovina e porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO