"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Composto químico pertencente ao grupo dos carbamatos que actúa como fumigante polivalente sistémico ou por contacto. Ten un amplo espectro insecticida sobre o pulgón, as moscas e os miriápodos. Deixa de ser tóxico para o ser humano despois de 60 días da súa aplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Catedrático de Prehistoria na Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, colaborador do CSIC e presidente do Centre de Recerques Paleoeco-socials de Girona. É autor, entre outras obras, de Utilización de la lógica analítica para el estudo de tecnocomplejos de cantos tallados (1983), con R. Mora e M. Guilbaud, e Planeta humano (2000), con R. Sala. Ademais, participou nos libros colectivos El hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987) e El largo camino de los homínidos hacia la inteligencia (2000). En 1997 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica como membro do equipo de investigación de Atapuerca e no 2000 foi premiado coa Medalla Narcís Monturiol concedida pola Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cementación dos metais ferrosos con carbono e nitróxeno. Este tratamento prodúcese nunha atmosfera de monóxido de carbono, amoníaco e hidrocarburos (polo xeral, propano e butano) a alta temperatura (700-875°C). Os aceiros carbonitrurados, de gran dureza, utilízanse para engrenaxes, parafusos sen fin, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efectuar unha carbonitruración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de carburar que ten lugar ou ben no carburador ou ben por inxección do carburante directamente ao cilindro ou antes da válvula de aspiración.

    2. Acción de enriquecer con carbono un metal; así se o ferro se somete á acción do carbono obtense aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo mecánico que, nos motores de explosión, ten por misión facer a mestura de aire e carburante, polo xeral gasolina e, ás veces, algún outro carburante líquido, como alcohol ou benzol, ou ben gasosos, como butano, gas natural ou gas pobre. Nos motores estacionarios, nos que as variacións de velocidade e de potencia son pouco frecuentes e non teñen que efectuarse nun tempo curto, o carburador é un aparato sinxelo. Nos motores de automóbil estas características son primordiais e os mecanismos son máis complexos. Esta complexidade é maior aínda nos motores de aviación, nos que cómpre evitar que o combustible se xee por mor da grande altura de voo; por iso, nestes motores é normal o uso de compresores de sobrealimentación e un tipo especial de carburador que funciona en calquera posición respecto á horizontal. O carburador de automóbil máis común está constituído esencialmente por un conduto tubular de paso de aire dentro do que hai un canón, chamado difusor, que ten por finalidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás substancias que conteñen hidrocarburos e son actas para a carburación.

    2. Combustible líquido, constituído fundamentalmente por hidrocarburos, que se utiliza nos motores de combustión interna. A principal característica que ten que posuír, para que o motor acade a potencia máxima, é a de resistir compresións elevadas sen producir detonacións. Ao superar unha determinada relación de compresión do motor, a mestura carburante-aire acéndese espontaneamente (autoarranque) e produce unha onda expansiva que fai que diminúa o rendemento. Os diferentes hidrocarburos teñen unha resistencia á detonación crecente segundo a orde: parafinas, isoparafinas, olefinas, cicloparafinas e aromáticos. O poder antidetonante dun carburante, que se mide polo índice de octano, pódese mellorar variando a composición química ou por adición de pequenas cantidades de certos compostos orgánico-metálicos, como o tetraetilchumbo, que inhiben a formación de peróxidos explosivos. Non obstante , estanse deixando de utilizar estes aditivos polo seu alto poder contaminante; isto supón unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar un carburante co aire en proporción conveniente, de xeito que a mestura resultante sexa inflamable e combustible.

    2. Impregnar de compostos volátiles de carbono.

    3. Funcionar correctamente algún aparato, especialmente os que teñen motor. OBS: Emprégase, xeralmente, en oracións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cardar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación plástica de persoas, feitos, costumes e hábitos sociais consistente na deformación grotesca dos seus trazos máis característicos para producir un efecto cómico ou crítico, acompañada habitualmente de texto. Nos ss XIX e XX, púxose ao servizo da política e tomou forza en Inglaterra e Francia, e estendeuse por toda Europa. Francia foi a vangarda con artistas como Daumier, Doré, Gavarni, Steinlen, Gill, Caran d’Ache, Sem e Forain, ao final do s XIX e ao principio do s XX e, posteriormente, con Chaval, Siné e Wolinski. As principais revistas foron L’Assiette au Beurre, Le Rire, Le Canard Enchainé e Crapouillot. Inglaterra contou con destacados caricaturistas, todos eles herdeiros de Thomas Rowlandson (1756-1827); Rops e Ensor sobresaíron en Bélxica na segunda metade do s XIX; e Alemaña deu no primeiro terzo do s XX a figura de Grosz e os debuxantes de Simplicissimus e Jugend. En España, Goya destacou como caricaturista e no...

      1. Imitación ou representación carente de valor que se fai dalgunha cousa.

      2. Texto que reflicte de forma degradada calquera realidade para ridiculizala.

    2. Persoa ou cousa que constitúe unha copia simple e degradada doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 228 poemas escritos na Idade Media, fundamentalmente en latín vulgar, con algúns fragmentos en alemán e francés antigo. Apareceron nun manuscrito de 112 folios en pergamiño, descuberto por Christoph Von Aretin na abadía beneditina de Benediktbeuern en 1803. A composición dos textos atribúese aos chamados goliardos, estudiantes errabundos, trobadores ou clérigos anónimos, que mantiñan unha actitude crítica con respecto á Igrexa oficial e ao poder establecido do seu tempo. Constitúen unha exaltación da natureza, do amor, das alegrías da taberna e da vida libre, que propón unha concepción epicúrea da existencia, na liña do tópico do carpe diem. Ademais, conteñen unha crítica burlesca dos costumes do clero, acompañada dunha corrente subxacente de protesta contra o destino aciago que agarda a quen non se adapta aos ditados da sociedade. Os poemas pódense clasificar en tres grandes grupos: poemas satírico-morais, concibidos como unha crítica contra a autoridade e os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantata composta polo músico alemán Carl Orff en 1937, baseada na colección de poemas Carmina Burana. É unha obra pensada para cantantes solistas, coro e orquestra. O coro disponse en tres grupos, un coro grande, outro pequeno e un terceiro formado por nenos. A parte instrumental corresponde a unha orquestra aumentada por dous pianos, cinco timbais e unha ampla sección de percusión. Existe tamén unha versión escénica con baile e pantomima. As melodías que acompañan a métrica latina dos poemas consisten en estrofas claramente delineadas, que se repiten a miúdo cun crescendo. Sostéñenas ritmos impulsivos, co emprego frecuente de figuras ostinatas. Finalmente, os vinte e tres poemas escollidos organízanse en tres partes: “En primavera”, “Na taberna” e “A corte do amor”, aos que precede unha invocación á “Fortuna, Emperatriz do mundo”, que se repite ao final, dándolle un carácter circular á composición. Existe unha tradución ao galego dos textos seleccionados por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático. Participou na campaña de Arxel (1775) co duque de Crillon, e na recuperación da illa de Menorca (1781), da que despois foi nomeado gobernador. Foi ascendido e destinado como tenente xeneral á Capitanía Xeneral de Galicia. En 1786 foi o encargado de fixar os límites franco-españois na zona de Navarra. A consecuencia do seu coñecemento da zona, durante a guerra contra a Convención francesa de 1793 entregóuselle o mando do exército localizado en Euskadi e Navarra. Ante o ataque francés propuxo un cambio nas operacións, que foi rexeitado polo goberno de Madrid, feito que provocou a súa dimisión. En 1801 trasladouse a València para sufocar os levantamentos populares. Loitou activamente durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e foi ascendido a capitán xeneral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carpear.

    2. Conxunto de fíos sacados dun pano de liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada no concello de Entrimo, localizada nunha extensa chaira da serra do Leboreiro, polo que resulta visible dende lonxe. Conta cunha cámara de planta poligonal da que se conservan catro chantas imbricadas e a tampa. O corredor está formado por catro chantas e cuberto por unha tampa situada nun plano inferior ao da cámara. Esta mámoa acada unha lonxitude total de case catro metros e unha altura superior aos dous metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada na parroquia de Armenteira (Meis) que forma parte do conxunto megalítico da fonte do Lagarto. Carece de mámoa, ten planta poligonal formada por seis chantas e un corredor orientado cara ao leste, do que se conserva unha única chanta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada no concello de Maus de Salas, que forma, xunto coa Casola do Foxo, a necrópole de Maus de Salas. Durante a construción da presa trasladouse da súa localización orixinal. Carece de mámoa e a cámara ten planta poligonal. Está formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 2,85 m no eixe maior e 2,60 m no menor. Conserva dúas laxes do corredor, apoiadas no interior da cámara, dispostas ao longo de 0,75 m. No transcurso das escavacións, dirixidas pola arqueóloga Eguileta Franco, atopouse un enxoval composto por dúas pezas cerámicas de fondo plano, unha delas cunha lixeira carena e a segunda de forma globular co beizo saínte. Cronoloxicamente, pertence ao Megalitismo pleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Pisa, Roma e a Sorbonne. Doutorouse en Dereito, Ciencias Políticas e Economía e licenciouse en Filosofía e Letras. Exerceu como catedrático de Dereito Mercantil en Santiago de Compostela e como profesor extraordinario da Escuela Social de Madrid. Reformou a Seguridade Social e o Mutualismo Laboral español ao ampliar e unificar todos os seguros sociais e ao implantar o seguro obrigatorio de enfermidade. Foi deputado en Cortes, presidente do Instituto Nacional de Previsión (INP), do Instituto de Medicina, Higiene y Seguridad en el Trabajo, do Instituto Social de la Marina e conselleiro do Banco de España e do Consejo Nacional de Prensa, Radio y Televisión. Autor de numerosos traballos sobre sociedades mercantís, dereito aéreo, dereito marítimo, cooperativismo e seguros sociais, fundou a Revista de Derecho Mercantil, a Revista de Derecho Marítimo e a Revista de Derecho del Trabajo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Realizou en 1784 dúas estatuas do Apóstolo Santiago por encargo da fábrica da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO