Castro Rial, Buenaventura José

Castro Rial, Buenaventura José

Político. Estudiou nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Pisa, Roma e a Sorbonne. Doutorouse en Dereito, Ciencias Políticas e Economía e licenciouse en Filosofía e Letras. Exerceu como catedrático de Dereito Mercantil en Santiago de Compostela e como profesor extraordinario da Escuela Social de Madrid. Reformou a Seguridade Social e o Mutualismo Laboral español ao ampliar e unificar todos os seguros sociais e ao implantar o seguro obrigatorio de enfermidade. Foi deputado en Cortes, presidente do Instituto Nacional de Previsión (INP), do Instituto de Medicina, Higiene y Seguridad en el Trabajo, do Instituto Social de la Marina e conselleiro do Banco de España e do Consejo Nacional de Prensa, Radio y Televisión. Autor de numerosos traballos sobre sociedades mercantís, dereito aéreo, dereito marítimo, cooperativismo e seguros sociais, fundou a Revista de Derecho Mercantil, a Revista de Derecho Marítimo e a Revista de Derecho del Trabajo. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Civil, a Medalla da Cruz Vermella Española e a Gran Cruz de la Orden del Cardenal Cisneros. Foi membro fundador do Instituto de Estudios Políticos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cee