"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobriño do Rei Artur de Bretaña. Paradigma da corte artúrica e modelo de toda cortesía, morre combatendo contra o rebelde Mordred. Aparece nos testemuños máis antigos do ciclo bretón, como os relatos galeses, ou no relevo da arquivolta da catedral de Módena, de aí que se lle outorgue unha excelencia sobre outros cabaleiros, como o tratamento de messires que lle conceden os romans franceses dos ss XII e XIII; a propiedade do mellor cabalo do reino, o Gringalet, ou a posesión da espada Excalibur. Os textos dos ss XII e XIII fano fillo do Rei Lot de Orcania (ou Lodonesia) e dunha irmá de Artur chamada Ana (ou Morcades) e outórganlle catro irmáns: Gaheriet, Guerrehet, Agravain e Mordred. Nestas mesmas obras, sen embargo, reflíctese unha progresiva perda de dignidade. Os romans de Chrétien de Troyes dispénsanlle un tratamento ambiguo, xa que, víctima da súa propia perfección cortesá, vese superado por outros cabaleiros, como Lanzarote, Yvain ou Perceval. Como reflexo do prestixio pasado, o personaxe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela da autoría de Darío Xohán Cabana que acadou o Premio Xerais en 1989. A través de quince capítulos, o autor achégase ao mundo artúrico a través de Galván, sobriño do Rei Artur, que deixa Bretaña desenganado e farto das loitas que provoca a busca do Graal, para trasladarse a Saor nunha época actual e levar a cabo dende este lugar saídas propias dun cabaleiro e tamén librar batallas, experiencia que vai rematar coa visión do Grial e coa súa volta a Bretaña para morrer preto do seu rei. A acción desenvólvese nunha duplicidade espacio-temporal e os personaxes principais actúan nun dobre escenario. Galván é o elo de unión entre o mundo real e cotián de Saor e o bosque, onde teñen lugar as batallas e están os ananos, xigantes, cabaleiros e castelos. Toda unha galería de personaxes (Merlín, Artur, Manuel de Braes, Inés, Masito, Vedromil, Silvania) transportan o lector a un mundo máxico, onde se mestura o marabilloso coa realidade.
-
PERSOEIRO
Físico e médico italiano. En 1780 descubriu, de xeito casual, que a electricidade podía excitar a contracción muscular, fenómeno chamado galvanismo. Renunciou á cátedra para non ter que xurar recoñecemento á República Cisalpina, creada por Napoleón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao galvanismo.
-
Aplícase á corrente producida por pilas ou acumuladores.
-
-
-
Electricidade dinámica, en especial a producida por unha acción química.
-
-
Propiedade de excitar ou de inducir movementos nos nervios e nos músculos de animais vivos ou mortos mediante correntes eléctricas, chamadas galvánicas.
-
Uso terapéutico de correntes eléctricas ou galvánicas.
-
-
-
-
Acción de galvanizar.
-
Recubrimento do aceiro por unha película de cinc para protexelo da corrosión, por medio da inmersión do aceiro en cinc fundido. Entre ambos os dous metais fórmase unha zona de transición, constituída por unha aliaxe de ferro e de cinc de composición variable, que asegura a súa unión.
-
-
-
de galvanizar.
-
Que ou o que foi sometido a galvanización.
-
galvanización.
-
-
-
Someter un animal, vivo ou morto, á acción da corrente eléctrica.
-
Protexer o aceiro cunha película de cinc.
-
Dar a alguén ou a algunha cousa unha animación artificial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
galvanotipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que procede do antropónimo de Luigi Galvani, que se emprega na formación de palabras co significado ‘relativo ou pertencente ao galvanismo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galvanización médica coa que se trata de conseguir unha cauterización lenta, utilizando como polo positivo un electrodo fino de carbón ou de metal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento médico que se utiliza para a galvanocáustica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á corrente galvánica ou aos fenómenos aos que dá lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galvanómetro provisto dun dispositivo rexistrador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
electrólise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao galvanómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para medir ou detectar correntes eléctricas. O galvanómetro de bovina ou de cadro móbil está constituído, esencialmente, por unha bovina cuadrangular colgada dun fío de torsión que lle proporciona o par recuperador. A bovina sitúase entre os polos dun imán permanente, de maneira que, ao pasar pola bovina a corrente que se vai medir, esta xira ata unha posición de equilibrio que depende da corrente. O fío de torsión leva solidaria unha agulla (ou un pequeno espello que reflicte un raio de luz) que indica a intensidade da corrente sobre unha escala graduada. Este galvanómetro, chamado tamén de Deprez e de Arsonval, é un dos máis empregados como amperímetro e serve tamén de voltímetro, de fluxómetro e de galvanómetro balístico. É un aparato para a corrente continua. O galvanómetro de imán móbil consiste nun imán permanente colgado dun fío de torsión no seo dunha bovina, que é excitada pola corrente que se quere medir. O imán xira ata a posición...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para a obtención de obxectos metálicos por electroformación a partir de modelos (moldes) que actúan como negativo do obxecto e que despois se separa, de xeito total ou parcial, da peza obtida. O molde ten que estar constituído por un material quimicamente inerte, indeformable nas condicións da electrólise e ademais pode ser condutor ou non; no segundo caso débese preparar previamente a superficie para que se converta en condutora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á galvanoplastia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para detectar unha corrente eléctrica, pero sen medila.