galvanoplastia

galvanoplastia

(< galvano- + -plastia)

s f [IND]

Técnica para a obtención de obxectos metálicos por electroformación a partir de modelos (moldes) que actúan como negativo do obxecto e que despois se separa, de xeito total ou parcial, da peza obtida. O molde ten que estar constituído por un material quimicamente inerte, indeformable nas condicións da electrólise e ademais pode ser condutor ou non; no segundo caso débese preparar previamente a superficie para que se converta en condutora.